TRÍO SITKOVETSKY

TRÍO DE CORDAS CON PIANO

O Trio Sitkovetsky estableceuse como un dos tríos de piano máis excepcionais de hoxe e ofrece actuacións nas salas máis destacadas do mundo. Alexander Sitkovetsky (violín) e Wu Qian (piano), uníronse a temporada pasada á violonchelista xermano-coreano Isang Enders para continuar a súa traxectoria de venturosos concertos.

O seu enfoque reflexivo e comprometido levounos a recibir aclamadas críticas e invitacións a salas de concertos de renome tales como a  Amsterdam Concertgebouw, Frankfurt Alte Oper, Palais des Beaux Arts, Musée du Louvre, l’Auditori Barcelona, Wigmore Hall, Lincoln Center en Nova York ou a Fundación Beethoven en Chile.

Actuacións destacadas da temporada 2019-2020 inclúen concertos en Nova York, Londres, Xapón, Hong Kong Concert Hall, Chile, e invitacións para tocar o Concerto Triplo de Beethoven coa Hong Kong Sinfonietta e coa Filharmónica de Praga en Reggio Emilia, así como recitais en Singel Antwerp Festival e Gower Festival.

Durante a temporada 2018-2019, o trío realizou unha xira por Asia que incluíu concertos en Corea do Sur, Singapur e Xapón, estreando xunto coa  Philharmonia Orchestra, en Londres, o Triplo Concerto de Charlotte Bray. Ofreceron ademais  presentacións no Bath Mozartfestival, St. George’s Bristol, Beethovenhaus Bonn, Frederiksvaerk e Hindsgavl Festival en Dinamarca, e recibiron re-invitacións da Concertgebouw Amsterdam, Rheingau Musik Festival e a Chamber Music Society de Lincoln Center en Nova York. O trío tamén tocou o Triplo Concerto de Beethoven coa Konzerthausorchester Berlin, a Orquestra Filharmónica dos Países Baixos, a Sinfónica de Múnic e a Anhaltische Philharmonie Dessau.

Destacan así mesmo as súas actuacións en festivais de grande prestixio como o Music@Menlo en California, Chamber Music Society of Lincoln Center, Hong Kong International Chamber Music Festival, e os festivais Menuhin en Gstaad, Bergen, Rheingau e Cheltenham. O Sitkovetsky emprendeu numerosas xiras ao redor do mundo, incluíndo os Estados Unidos, con concertos en San Francisco, Nova York e Washington DC; a través de China ofreceron actuacións en Beijing, Shanghai e Guangzhou e unha segunda e moi aclamada xira por Australia con Música Viva, onde recibiron o aplauso do público e da prensa.

Entre os seus numerosos galardóns recibiron o Primeiro Premio da International Commerzbank Chamber Music Award, o NORDMETALL Chamber Music Award do prestixioso Festival Mecklenburg-Vorpommern e o Philharmonia-Martin Chamber Music Award. Obtivo o apoio da Hattori Foundation, da Musicians Benevolent Fund, do Fidelio Trust e a Swiss Global Artistic Foundation así como o Golubovich Fellowship, o Richard Cairnes Junior Fellowship de Música de Cámara do Trinity Laban College of Music, o Royal Northern College of Music Fellowship e ocuparon o posto de Junior Fellowship da Royal Academy of Music do 2008 ao 2010.

Web Trío Sitkovetsky

PROGRAMA

  • Robert Schumann (1810-1856) | Fantasiestücke op.88 for Piano Trio
  • Maurice Ravel (1875-1937) | Trio
  • Petr Ilich Chaikovskii (1840-1893) | Trio in la menor, Op. 50

 

Xoves 6 Maio 2021 | 20:30 h | Auditorio Municipal de Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do auditorio.

MERCAR ENTRADAS ONLINE