TRÍO ARRIAGA

Juan Luis Gallego violín | David Apellániz violonchelo | Daniel Ligorio piano

O Trío Arriaga é o lugar de encontro de tres músicos de recoñecido prestixio e alí onde converxen as súas traxectorias solísticas. Con concertos nos mellores festivais europeos e acompañados da gran maioría das orquestras españolas e por algunhas das mellores europeas, os seus proxectos discográficos en solitario, con máis de 25 álbums, algúns para selos tan destacados como NAXOS ou Sony, e os múltiples galardóns conseguidos en concursos nacionais e internacionais de interpretación aválannos como un trío de referencia da súa xeración.  Revistas como Gramophone ou BBC Magazine destacan o seu exquisito empaste e belísima sonoridade.

A súa traxectoria concertística levóunos en poucos anos a ofrecer recitais no Festival Internazionale da Música da Cámara d’ Orbietto (Roma), Festivale Internationale de Musique de Chambre du Chateau de L’Acquy e Festival de Musique su Prioré Sant Martin (Le Mesnil, Francia) Musée de la Musique de Bruselas  e en salas como o Palau de la Música de València, o Teatro Pérez Galdós de Las Palmas de Gran Canaria, os auditorios de Barcelona, Murcia, Alacant e Zaragoza, a Fundación Juan March de Madrid, la Sociedade Filharmónica de Bilbao e a sala sinfónica da Fundación Gulbenkian de Lisboa,  entre outros. A interpretación do Triple Concerto de Beethoven brindoulles a oportunidade de colaborar con orquestras como a Sinfónica de la Región de Murcia, de Estremadura, ou a Orquestra Gulbenkian xunto a que ofreceron dous concertos no Centro Cultural de Belém (Lisboa) en novembro de 2013 baixo a dirección de Paul McCreesh. Salientar tamén os concertos en colaboración do prestixioso violista Gerard Caussé.

Malia a brevidade da súa traxectoria ata hoxe, o Trío Arriaga tamén está a desenvolver unha intensa produción discográfica na que algúns dos seus traballos foron sinalados pola crítica como referenciais do repertorio. Así gravaron a integral da obra para trío de Turina (Columna Música, 2010) e obras de autores cataláns do século XX (Naxos, 2011). Amplamente interesados pola interpretación da música española para trío, proximamente verá a luz o seu  último traballo dedicado a compositores españois do século XX con obras de Mompou, García Abril, Chapí, Albéniz e Arbós. Así mesmo tamén é inminente a gravación dun álbum con tríos de compositores americanos (Copland, Bernstein, Piazzola e Bloch) e un DVD coa integral da obra de Dmitri Shostakovich de quen en 2015 se celebraron os 40 anos da súa morte.

PROGRAMA

I Parte

  • Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893)
    • Trío Op. 50 en La menor (45’) | Pezzo elegiaco. Moderato assai | Tema con variazioni. Andante con moto | Variazione finale e coda. Allegro risoluto

II Parte

  • Eduardo Soutullo (1968-)
    • Le sourire de Isabelle H (8`)
  • Dmitri Shostakovich (1906-1975)
    • Trío nº 2, Op. 67 en Mi menor (30’) | Andante-Moderato | Allegro non troppo | Largo | Allegretto

Web do Trio Arriaga

Xoves 4 Abril | 20:00 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE