VOLVEN OS CHISQUELOS DO ENCLAVE !!

Por segunda temporada consecutiva, e en colaboración coa Televisión de Galicia, poñemos á disposición de estudantes, melómanos e curiosos en xeral os CHISQUELOS DO ENCLAVE, pezas de vídeo que ofrecen un resumo de cada concerto programado polo ciclo ademais dunha entrevista en exclusiva aos músicos horas antes do seu recital en Ourense. Se queres coñecer todos os secretos da música de cámara, dálle ao play en  musi.gal!!

Chisquelos do Enclave é unha web serie que procura a difusión da música de cámara e que é producida por Crémilo e Aborixe Comunicación. Podes ver todos os capítulos da primeira temporada en www.musi.gal e o primeiro da segunda temporada premendo na imaxe: