PRESENTACIÓN DA 6ª EDICIÓN

Na imaxe: Patrick Alfaya (asesor do ciclo), Jesús Vázquez (alcalde de Ourense), Belén Iglesias (concelleira de cultura), Carlos M. Carbonell (productor) e Alba Fernández (ilustradora)

Ourense, 24/09/18 | Hoxe presentouse en Ourense unha nova edición – e xa van 6 – do Enclave de Cámara. De outubro a xuño, oito concertos no Teatro Principal cunha oferta camerística que vai dende os inicios do S. XVIII ata a contemporaneidades.

Patrick Alfaya, asesor artístico do ciclo, destacou na rolda de prensa a presenza de importantes músicos e compositories galegos no ciclo como Fernando Buíde, que estreará unha obra – encargo do propio Enclave de Cámara – interpretada polo ourensán Dúo Rivera no último concerto da temporada.

Tamén salientou a amplitude de propostas e formacións, así coma os recitais que ofrecerán os dous grandes do piano no estado español na actualidade: Josep Colom (acompañado pola clarinetista Ona Cardona) e Javier Perianes.

Alba Fernández, ilustradora ourensá á que se lle encomendou a renovada imaxe do ciclo, explicou aos xornalistas como co seu deseño quixo captar a atmosfera máxica e intimista que se produce nun concerto de música de cámara a través dunha mirada doce, evocadora e onírica en torno á experiencia sensorial da música. “Porque se algo nos permite a música é voar polas nosas propias emocións”- asegurou.

Jesús Vázquez, alcalde da cidade, quixo rematar a presentación agradecendo á Deputación de Ourense a súa colaboración e emprazando á cidadanía a acudir o vindeiro mércores 3 de outubro ao primeiro concerto, o que ofrecerá Orphelion Enslemble, un septeto de corda fundado en Viena en 1988 e formado na actualidade por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Así foi a V tempada do Enclave de Cámara

 

Remata un ano de música de cámara no que -entre outros- pasaron por Ourense artistas da talla de Nikolai Lugansky (RUS / piano), Cristina Pato (GAL / piano), o Dúo Cassadó (CAT / piano – violonchelo) ou os solistas de vento da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Traballamos xa na sexta edición. Se desexa poñerse en contacto coa organización do ciclo pode facelo a través de info@enclavedecamara.com

#PaixónPolaClásica

 

Remata a IV edición

O concerto do dúo García Jermann – Moretti puxo fin á cuarta edición do ciclo ourensán de música de cámara “Enclave de Cámara”, que se desenvolveu entre o Teatro Principal e o Lice de Ourense entre outubro e xuño de 2017.

Ademáis do dúo piano – violonchelo que pechou a tempada, pasaron este ano pola cidade de Ourense artistas da talla de Juan P. Floristán (piano), a orquestra de cámara da Real Filharmonía de Galicia, o Cuarteto Akilone (vento), as Irmás Naughton (piano), The Brahms Project (cuarteto de vento e piano), Cuarteto Attacca (vento) e Zoar (quinteto de vento).

Moi agradecidos dende a organización a público, músicos, técnicos e institucións que o fixeron posible. Se precisas poñerte en contacto connosco, este é o noso mail:

info@enclavedecamara.com