REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Dirección de Maximino Zumalave
Dirección de Maximino Zumalave
Laurent Blainteau frauta (substitúe a Julia Estévez) | Roberto Baltar óboe | Beatriz López clarinete | Alfredo Varela trompa | Santiago López fagot | Alicia Permuy piano
Cunha brillante traxectoria, e integrado por músicos da Orquestra Sinfónica de Bilbao, NDR Radiophilharmonie de Hannover, Real Filharmonía de Galicia e Orquestra Vigo 430, desenvolven a súa actividade camerística desde 2011.
Hércules Brass nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos profesionais de vento metal, cunha longa experiencia tocando xuntos principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).
Deborah Hamburger violín | Francisco Regozo viola | Berthold Hamburger violoncello | Todd Williamson contrabaixo | Nicolás Gómez trompa | Antonio Suárez clarinete | Álex Salgueiro fagot
O Orphelion Ensemble (antes Artemis Ensemble) foi fundado en 1988 en Viena ao redor da actividade musical de Deborah Gonsalves e Berthold Hamburger. Desde entón, realizou numerosos concertos por Europa, Asia e América do Sur, formando diversos conxuntos con intérpretes invitados.
O Dúo Rivera caracterízase polo seu labor de difusión da música de cámara española e polo súa especial atención ao repertorio contemporáneo, sen esquecer o repertorio clásico xeral. Desde o ano 2000, e de maneira complementaria ás súas traxectorias individuais, este dúo ourensán interpretou obras de autores europeos en diversos concertos por España, Europa, América e Asia.
Cristina Pato piano | Nicholas Cords viola
Cristina Pato e Nicholas Cords levan máis de doce anos traballando xuntos no Silk Road Project do violonchelista Yo-Yo Ma, onde Nicholas Cords traballa como programador dos concertos da formación e como viola, e onde Cristina Pato o fai como asesora de educación, pianista e gaiteira.
Claudia Walker frauta | Casey Hill óboe | Juan Antonio Ferrer Cerveró clarinete | Steve Harris Wangler fagot | David Bushnell trompa
Grupo formado no ano 2001 polos frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa principais da Orquestra Sinfónica de Galicia. Aínda que integrantes todos desde hai anos da OSG, o quinteto está formado por catro músicos americanos e un músico español con experiencia e traxectoria internacional recoñecida. A combinación da mentalidade europea e americana tradúcese na principal intención de que flúa a música, de producir música con estrutura, personalidade, profundidade e expresividade. Destaca tamén a diversidade musical do quinteto ao tocaren todo tipo de repertorio.
James Dahlgren concertino-director | Javier Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón trompetas | 22 músicos da Filharmonía
O xoves 6 de outubro ás 20:30h no Teatro Principal iníciase a IV edición do Enclave de Cámara co concerto da Real Filharmonía de Galicia na procura de que a presencia dunha das orquesta máis prestixiosas do estado español, convoque e satisfaza tanto aos fies como a novos oíntes do Enclave de Cámara para esta nova tempada.
Quinteto de Vento – madeira | Joan Ibáñez frauta | David Villa óboe | Antonio Suárez clarinete | Benjamín Iglesias trompa | Álex Salgueiro fagot
Creado no ano 2009, Zoar é un conxunto de cámara estable e activo, con formación de quinteto de vento clásico integrado por músicos entón da Xoven Orquestra de Galicia. Naceu coa intención de levar a orixinalidade e o dinamismo á escena musical ofrecendo propostas coidadas, novidosas e orixinais. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación de patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a realizar máis de trinta estreas absolutas, sendo unha boa parte delas encargas propias. Proba diso son as estreas das obras de compositores tales como Gabriel Bussi, Xabier Mariño, Óscar Álvarez, Juan Durán, Paquito D´Rivera, Federico Mosquera, Fernando Buide, Óscar Navarro e Jose Luis Turina.