O DÚO RIVERA ESTREA O CANTO AURIENSE DE FERNANDO BUIDE

O xoves 06 de xuño, o Dúo formado por María Luz Rivera (piano) e Blanca Fernández (violín) estreaba a obra de Fernando Buide del Real, ‘Canto Auriense’, encargo do propio Enclave de Cámara para o recital.

“Unha obra celebratoria para Ourense e que recolle o espirito do canto. Nace dunha idea vocal trasladada ao violín e ao piano” – Fernando Buide

No recital, o último da VI temporada do Enclave de Cámara de Ourense, o Dúo Rivera interpretou tamén obras de Turina, Granados, Manuel de Falla, Webern e Cage.