DALIA QUARTET

Elena Rey violín | Oleguer Beltrán violín | Anna Puig viola | Erica Wise violonchelo

Integrada por catro músicos cunha carreira orquestral consolidada que os levou a  traballar con conxuntos como a Mahler Chamber Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Camerata Bern, Orquestra da Camera, Dortmunder Philharmoniker, ou a Orquestra da Comunidade Valenciana, a formación nace da necesidade dun espazo paralelo á orquestra para poder profundar no repertorio de cámara e explorar linguaxes estéticas que só un marco como o do cuarteto de cordas, íntimo e cun altísimo grao de complicidade, fai posibles.

Seguir lendo

DÚO CASSADÓ

Damián Martínez Marco violonchelo | Marta Moll de Alba piano

Aclamado internacionalmente pola súa  exquisita musicalidade e sensibilidade, o Dúo Cassadó cativa tanto o público como a crítica grazas ao seu temperamento, orixinalidade e carisma.

Seguir lendo

IAGOBA FANLO

| violonchelo |

Iagoba Fanlo ocupa a Xefatura do Departamento de Corda do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e imparte regularmente clases maxistrais na Royal Academy of Music de Londres.

Seguir lendo

ENSEMBLE PRAETERITUM

Pablo Suárez violín solista e dirección | Laura Delgado e Mari Carmen Jiménez violíns | Paula García viola | Marco Pannaría violoncello | Laura Asensio contrabaixo | Ramiro Morales tiorba

Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez Calero en 2011. Un dos principais obxectivos é a procura da novidade na maneira de afrontar a música. Por medio de fortes contrastes dinámicos e expresivos, improvisacións, cadencias, recitativos, e unha procura constante de cores no son, o Ensemble interpreta a partitura creando unha beleza especial e persoal destinada puramente ao goce do público.

Seguir lendo

THE BRAHMS PROJECT

Josep Colomé violín | Joaquín Riquelme viola | David Apellániz violonchelo | Enrique Bagaría piano

Tras rematar o ano con fantástico recital a dous pianos das irmás Naughton, comezamos o 2017 co cuarto concerto da cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017, un excepcional concerto no Teatro Principal de Ourense que recibirá The Brahms Project, cuarteto con piano, que deleitaranos o xoves 12 de xaneiro ás 20:30h cun programa que xa inaugurou a actual tempada de cámara do Auditori de Barcelona esgotando as máis de 600 entradas e triunfando nas críticas coas obras de Brahms. 

Seguir lendo

JUAN PÉREZ FLORISTÁN

Juan Pérez Floristán piano

Tras desfrutar na cidade o pasado mes de marzo da música barroca co Festival Pórtico do Paraíso, volta cun un dos concertos máis esperados da tempada o ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017 que nos agradara en febreiro co novo e xa recoñecido Cuarteto Attacca. Neste reencontro volta ao Enclave outra das grandes promesas da música clásica actual o pianista sevillano xa afincado en Berlín Juan Pérez Floristán de novo no Teatro Principal de Ourense mércores 5 de abril ás 20:30h, atención de novo un mércores e non xoves.

Seguir lendo

DÚO GARCÍA JERMANN – MORETTI

Ángel García Jermann violonchelo | Kennedy Moretti piano

Desde o seu primeiro encontro en 1998 Ángel García Jermann e Kennedy Moretti souberon entender a súa afinidade no pensamento musical e comezaron a súa colaboración como conxunto de cámara, un dúo estable que afonda na interpretación das obras para esta formación máis alá do instrumento melódico acompañado polo piano.

Seguir lendo