SIMPLY QUARTET

CUARTETO DE CORDA

Danfeng Shen violín  |  Antonia Rankersberger violín  |  Siang Lyu viola  |  Ivan Valentin Hollup Roald violonchelo

O último gañador do Concurso Internacional de Cuartetos de Corda de Bordeos é o Simply Quartet. Fundado en Shanghai en 2008 baixo a tutela do Profesor Jensen Horn-Sin Lam, foi orixinalmente un cuarteto completamente chinés, mais a viaxe musical do grupo levounos a Viena en 2012, onde a formación se transformou e se uniu o chelista noruegués Ivan Valentin Hollup Roald en 2016 e a violinista austríaca Antonia Rankersberger en 2018. Afincados agora en Viena estudan co Prof- Johannes Meissl (Artis Quartet) no Instituto Joseph Haydn para Música de Cámara na Universidade de Música e Artes Escénicas en Viena.

Centrados nos últimos anos nas raíces do repertorio xermánico e austríaco para cuartetos de corda, teñen acadado o éxito en dous importantísimos concursos, no 2017 no Concurso Haydn en Viena e no 2018 no Concurso Internacional de Música de Cámara “Schubert e a Música Moderna”. Tamén teñen ofrecido numerosos concertos nas Casas de Haydn e Beethoven en Viena e Baden, así como na baixa Austria “Rexión de Haydn”.

Ademais de traballar co principal repertorio para cuarteto de corda, tamén investigan nas novas músicas dos países dos seus integrantes China, Austria e Noruega. Estrearon  o cuarteto para cordas “Flleting Moments” de Brad Lubmasn no Festival Grafenegg en 2017.

O Simply Quartet está a conseguir unha importante notoriedade nos principais escenarios de Europa e China, e especialmente en Austria con concertos en Wiener Musikverein and Konzerthaus, Berlin Konzerthaus, Stefanien Hall in Graz, Wigmore Hall en London, Kamermuziek Souvenir en Tilburg, Festival Emergents en Barcelona, A Casa da Musica en Portugal, Rachmaninov Hall en Moscova así como no Festival Pablo Casals, Shanghai Chamber Music Festival ou Ghent Festival en Bélxica.

Tamén é membro do ECMA (Academia Europea de Música de Cámara) desde 2017

Facebook Simply Quartet

 

PROGRAMA

I Parte

  • Joseph Haydn (1732-1809) | Cuarteto en re maior, Op. 76, n.º 5 [19’]

Allegretto | Largo | Menuetto Allegro | Finale Presto

  • Dmitri Shostakovich (1906-1975) | Cuarteto en fa maior, Op. 76, n.º 3 [32’]

Allegretto | Moderato con motto | Allegro non troppo | Adagio | Moderato

II Parte

  • Felix Mendelssohn (1809-1847) | Cuarteto en mi menor, Op. 44, n.º 2 [27’]

Allegro | Scherzo: allegro di moto | Andante | Presto agitato

 * En colaboración co Concurso Internacional de Cuartetos de Corda de Bordeos

Xoves 7 Novembro | 20:00 h | Liceo de Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE