RESONANS

Ane Matxaín Galdós violín | Virginia G. Leonhardt violín | Laure Gaudron viola | Gregor Lacour violoncello | Claudio Constantini piano e bandoneón

Resonans nace pola conxunción de cinco músicos que deciden unirse para profundar e difundir a interpretación de repertorio novo e descoñecido de cuarteto de cordas e bandeneón, e renderán homenaxe ao repertorio dos grandes mestres compositores de quinteto con piano.

As profundas interpretacións en conxunto destes cinco virtuosos dan nova vida a obras coñecidas do repertorio, tales como as de Dvorak, Schumann, Brahms, Fauré ou Shostakovich, por citar algúns. Á hora de saír o bandoneón créase o misterio, a espera do descoñecido. Dentro dos diálogos da música contemporánea chégase a ouvir o eco desa música tan inseparable do bandoneón; o Tango.

Os seus membros son músicos que contan cunha variada traxectoria, tanto nos ámbitos de música de cámara e orquestra, como no solístico, cunha carreira consolidada a nivel internacional e que foron galardoados en diferentes concursos e participado en distintos ciclos e festivais de música de cámara en  Europa, EEUU, Perú, Arxentina e Canadá (Lucena Festival, Verbier Festival, The Enghien Internacional Musical Encounters, Colorado Festival, Festival Mozart, Festival de Montreal,  entre outros moitos).

Vinculados con distintas orquestras de España e do mundo como  L’Orchestre de l’Opere nacional de Paris, Orquestra Nacional de Francia, Pelleas Orchestre de Chambre, Bandar, Cadaquès, Orquestra Sinfónica de Galicia, de San Sebastián, Nacional de Arxentina, Verbier Chamber Orchestra, coa que realizaron xiras internacionais baixo a batuta dos Mestres Levine, Dutoit, Rostropovich, Termirkanov, Sawalish, Metha, Bobby McFerrin, Nagano, Mazur, Jarvi entre outros, dando concertos nos máis prestixiosos teatros e auditorios como Carnegie Hall, Muzikverein Viena, Theatre Chatelet de París, Salle Gaveau, Consertgevouw Amsterdam, Teatro Colon Bos Aires, Teatro Real de Madrid, Auditorio Nacional de España, Royal Albert Hall Londres, Theatre des Champs Elyseés, etc.

Actualmente son titulares da Orquestra Nacional de España e da Orquestra Sinfónica de Madrid e o pianista compaxina a súa carreira como solista no quinteto Resonans.

PROGRAMA

I Parte | Piano e cuarteto de cordas

  • Robert Schumann (1818-1856) |Quinteto para piano e cuarteto de cordas op. 44 en Mi b maior | I Allegro brillante | II In modo d’una marcia. Un poco largamente | III Scherzo: Molto vivace | IV Allegro ma non troppo

II Parte | Bandoneón e cuarteto de cordas

  • Astor Piazzolla (1921-1992) |Tango Ballet, suite (arranxo para bandoneón e cordas) | Introdución | La calle | Encuentro – olvido | Cabaret | Soledad | La calle – final
  • Astor Piazzolla (1921-1992) |Adiós Nonino

 

Xoves 10 Xaneiro | 20:00 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE