Remata o VI Enclave de Cámara

Chega xuño e con concerto do Dúo Rivera poñemos fin á temporada camerística en Ourense.
1
Queremos agradecerlle o traballo realizado ao todo o equipo do ciclo, aos profesionais e técnicos do Teatro Principal, aos responsables de prensa do Concello de Ourense e aos traballadores da Concellaría de Cultura. Non queremos esquecernos de todos os colaboradores co ciclo, da CRTVG, dos músicos que nos visitaron, axentes, medios de comunicación e centros de ensino que, coma o Portovello e A Ponte, fixeron un esforzo constante para aproximar a música de cámara aos máis cativos.
1
O Enclave de Cámara para durante o verán pero volta en outubro cun programa que presentaremos proximamente.
Namentres, en www.musi.gal están publicados os capítulos do enclave desta temporada cun anaquiño de cada concerto e unha entrevista aos músicos.
1
A todos. A todas. Ao público. AGRADECIDOS QUEDEMOS!