REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

James Dahlgren concertino-director | Javier Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón trompetas | 22 músicos da Filharmonía

O xoves 6 de outubro ás 20:30h no Teatro Principal iníciase a IV edición do Enclave de Cámara  co concerto da Real Filharmonía de Galicia na procura de que a presencia dunha das orquesta máis prestixiosas do estado español, convoque e satisfaza tanto aos fies como a novos oíntes do Enclave de Cámara para esta nova tempada.

Este ano ademáis o ciclo, incrementa os vínculos de comunicación co público mediante a nova web, www.enclavedecamara.com, e a presenza en redes sociais, facebook e twitter, @enclavedecamara, procurando unha maior facilidade e axilidade na súa relación co público e acceso a información.

O concerto do vindeiro xoves, brindaranos a oportunidade de escoitar a Real Filharmonía de Galicia, orquesta que xunto a Sinfónica representan dúas das mellores orquestras españolas. A Real Filharmonía nacida en 1996 representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que abrangue a música. Está formada por cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que uniron a súa experiencia, tradición musical, empeño e ilusión.

Nesta ocasión o concerto que se presenta para nova tempada do Enclave de Cámara 2016-17 está integrado por obras para formación a tres trompetas con Javir Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón e obras para a Real Filharmonía en formación de orquestra cámara con máis de vinte músicos dirixidos por James Dahlgren, concertino-director. O programa inclúe pezas de Carl Philipp Emanuel Bach, Felix Mendelssohn, Petro Franceschini, Benjamin Britten, na primeira parte, e dúas obras de Edvard Grieg na segunda.

6 OUT | Reseña de Patrick Alfaya no diario La Región

PROGRAMA

I PARTE

Carl Philipp Emanuel Bach (1714–1788) | Marcha para 3 trompetas e timpani H.621, en Do maior (3′)

Javier Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón, trompetas

Félix Mendelssohn (1809–1847) | Sinfonía para cordas núm. 2 en Re maior (10′) | Allegro | Andante | Allegro

Petro Franceschini (1651-1681) | Sonata en Re(8′) | Grave | Allegro | Adagio | Allegro

Javier Simó e Ramón Llátser, trompetas

Benjamin Britten (1913-1976) | Fanfarria para San Edmundsbury (4′)

Javier Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón, trompetas

II PARTE

Edvard Grieg (1843-1907) | Suite Holberg, op. 40 (20′) | Praeludium | Sarabande | Gavotte | Air | Rigaudon | Dúas melodías, op. 53 (9′)