QUINTETO SOLISTAS DA ORQUESTRA SINFÓNCA DE GALICIA

Claudia Walker frauta | Casey Hill óboe | Juan Antonio Ferrer Cerveró clarinete | Steve Harris Wangler fagot David Busnell trompa

Grupo formado no ano 2001 polos  frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa principais da Orquestra Sinfónica de Galicia. Aínda que integrantes todos desde hai anos da OSG, o quinteto está formado por catro músicos americanos e un músico español con experiencia e traxectoria internacional recoñecida. A combinación da mentalidade europea e americana tradúcese na principal intención de que flúa a música, de producir música con estrutura, personalidade, profundidade e  expresividade. Destaca tamén a diversidade musical do quinteto ao tocaren todo tipo de repertorio.

O Quinteto intégrano: Claudia Walker, graduada na escola Julliard School e frautista principal da OSG desde 1992 ademais de reforzo convidada durante anos da Filharmónica de Nova York, principal  na Sinfónica de Cámara da mesma cidade; Casey Hill, óboe principal quen traballou entre outros con prestixiosos directores como  Zdenek Macal, Hugo Wolf, Edo de Waart, Michael Tilson Thomas, Yehudi Menuhin, Yoav Talmi; Juan Antonio Ferrer Cerveró, incorporado á OSG en 1995, da que é clarinte solista e membro dos grupos de cámara Trío Untia, Siglo XX, Paganini ensemble; Steve Harris Wrangler, formado con Stephen Maxym en Juilliard School e máis  tarde con Bernard Garfield en Temple University, é fagot solista desde 1994; David Busnell ,actual solista de trompa da OSG e anteriormente de New World Symphony Orchestra dirixida Michael Tilson Thomas, The Florida Orchestra de Jahja Ling e Orquestra Sinfónica de Castela e León con Max Bragado Darman.

Web Orquestra Sinfónica de Galicia

PROGRAMA

I Parte.

  • Wolfang Amadeus Mozart (1756-1791) | Divertimento en Si bemol Maior K.240 (11’) | I Allegro | II Menuetto | III Poco Andante-Gracioso | IV Finale – Allegretto
  • Anton Reicha (1770-1836) | Quinteto nº 2 en Mi bemol maior Op. 88 (15’) | I Lento. Allegro moderato | II Menuetto: Allegro | III Poco Andante – Grazioso | IV Finale: Allegretto
  • Gioachino Rossini (1792-1868) |O barbeiro de Sevilla (arranxo Lanckelman) (7’) | Obertura

II Parte

  • Carl August Nielsen (1865-1931) | Quinteto de Vento en La maior Op. 43 (25’)
  • Johannes Brahms (1833-1897) | Cuarteto nº 1 en Do menor Op. 51 número 1 (30’) | I Allegro ben moderato | II Menuet | III Praeludium. Adagio – Tema con variazioni

 

Xoves 11 Xaneiro | 20:30 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billetería do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE