O ENCLAVE DE CÁMARA, AGORA TAMÉN EN VÍDEO

O Enclave de Cámara de Ourense celebra nesta tempada 2017/18 o seu quinto aniversario. E que mellor xeito de celebralo que compartindo con toda a cidadanía uns petiscos do Enclave?

Chisquelos do Enclave fórmano 8 episodios, 8 lembranzas, 8 noites de música clásica no Teatro Principal de Ourense. Un resumo en vídeo do espírito do recital, dos artistas e as súas impresións, do público e da cidade detida que o acolle.

Producido por Aborixe Comunicación e Crémilo – Proyectos Culturales y Distribución de Espectáculos, poderánse ver todos os capítulos na páxina web da CRTVG www.musi.gal