NICOLAI LUGANSKY

 | piano |

Nikolai Lugansky traballa regularmente con directores de alto nivel como Osmo Vänskä ou Yuri Temirkanov en concertos que para a tempada 2017/18 inclúen compromisos coas orquestras sinfónicas de Londres e Baltimore, a Orquestra de Academia Nazionale di Santa Cecilia, a Filharmónica de Hong Kong, Junge Deutsche Philharmonie e a Yomiuri Nippon Symphony Orchestra. Tamén participará en xiras europeas coa Royal Stockholm Philharmonic Orchestra, Sakari Oramo e a Orquestra Nacional de Rusia.

Futuros recitais inclúen o Wigmore Hall de Londres, o Théâtre des Champs-Élysées de París, New York´s 92 Street, Aix-en-Provence, Lisboa, Toquio, Rio de Janeiro e o Gran Salón do Conservatorio de Moscova. Lugansky aparece regularmente nalgúns dos festivais máis  distinguidos do mundo, incluíndo La Roque d’Anthéron, e os festivais de Verbier, Tanglewood e Ravinia. Os seus colaboradores da música de cámara inclúen Vadim Repin, Alexander Kniazev, Mischa Maisky e Leonidas Kavakos.

Nikolai Lugansky gañou varios premios polas súas gravacións. O seu recital CD coas Sonatas para piano de Rachmaninov gañou o  Diapason d’Or e un premio ECHO Klassik, mentres que a súa gravación dos concertos de Grieg e Prokofiev con Kent Nagano e a Orquestra Sinfónica de Berlín, foi un Gramophone Editor’s Choice.

Lugansky foi galardoado coa honra de Artista Popular de Rusia, en abril de 2013.

PROGRAMA

  • Obras de Debussy, Chopin e Rachmaninov por determinar.

Xoves 7 Xuño | 20:30 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billetería do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE