LEONARD ELSCHENBROICH e ALEXEI GRYNYUK

Leonard Elschenbroich violonchelo | Alexei Grynyuk piano

Cada un aclamado como principal solista da súa xeración, o violenchelista  Leonard Elschenbroich e o pianista Alexei Grynyuk actuaron xuntos como dúo desde que se coñeceron como estudantes de música  en Londres.

Leonard estudou desde neno na prestixiosa Escola Menuhin e Alexei Grynyuk estudou na Royal Academy of Music. Debutaron como dúo na tempada 2009/10 ofrecendo múltiples concertos no Reino Unido. Desde entón ambos os dous mantiveron o seu compromiso apaixonado coa música de cámara con actuacións regulares en prestixiosas salas de concerto de todo o mundo.

Entre as actuacións recentes do dúo, xiras por Inglaterra con concertos para os London BBC Proms, Perth Hall, Wigmore Hall, Die Glocke Bremen, Regensburg Musikverein, Sociedade Filharmónica de Bremen, a Frick Collection en Nova York, e xiras extensas por América Latina.

Leonard e Alexei gravaron dous CD para a discográfica ONYX, o primeiro con obras de Shostakovich e Rachmanninov e o segundo con obras de Prokofiev.

“Elschenbroich e Gryunyul dan unha poderosa interpretación” – Telegraph

“O mozo violonchelista Leonard Elschenbroich e Alexei Grynyuk , nado en Ucraína, respiran e dan unha nova e viril vida á partitura. Pola forma en que se  somerxen desde o “reverie” no primeiro movemento, un presinte que van ofrecernos unha interpretación inspirada e fóra do común” – Gramophone

Ambos os dous tamén son membros do trío da aclamada violinista  Nicola Bendetti, con quen percorreron o mundo ofrecendo concertos.

Web Leonard Elschenbroich | Web Alexei Grynyuk

PROGRAMA

I Parte.

  • Igor Stravinsky (1882-1971) | Suite Italienne (18’) | I Introduzione. Allegro moderato | II Serenata. Larghetto | III Tarantella. Vivace | IV Gavotta con due variazioni | V Scherzino. Presto alla breve | VI Minuetto e finale
  • Ludwig van Beethoven (1770-1827) | Sonata para violonchelo e piano nº 3 en La maior. Op. 69. (25’) | I Allegro ma non tanto | II Scherzo. Allegro molto | III Adagio cantabile – Allegro vivace

II Parte

  • Ludwig van Beethoven (1770-1827) | Sonata para violonchelo e piano nº 4 en Do maior. Op. 102. (14’) | I AndanteAllegro vivace | II AdagioTempo d’ Andante – Allegro vivace
  • S. Prokofiev (1891-1953) | Sonata para violoncelo en do mayor opus 119 (25’) |I Andante grave | II Moderato | III Allegro, ma non troppo (modificación do programa)

Mércores 2 Novembro | 20:30 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billetería do teatro