JUAN PÉREZ FLORISTÁN

Juan Pérez Floristán piano

Tras desfrutar na cidade o pasado mes de marzo da música barroca co Festival Pórtico do Paraíso, volta cun un dos concertos máis esperados da tempada o ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017 que nos agradara en febreiro co novo e xa recoñecido Cuarteto Attacca. Neste reencontro volta ao Enclave outra das grandes promesas da música clásica actual o pianista sevillano xa afincado en Berlín Juan Pérez Floristán de novo no Teatro Principal de Ourense mércores 5 de abril ás 20:30h, atención de novo un mércores e non xoves.

Tamén, para o alumnado do Conservatorio e persoas interesada, ofrecerá un encontro co público esa misma tarde ás 16h no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

O recital que nos propón é unha viaxe desde o intimismo que amosa “Anos de peregrinacións” de Listz, o desalento vital que transmite a Sonata nº 2 de Chopin ate a renovación musical que ofrece “Cadros dunha exposición” de Mussorgski a través do virtuosismo deste novo talento.

Gañador do Primeiro Premio e Premio do Público no Concurso Internacional de Piano de Santander “Paloma O’Shea” 2015, primeiro gañador español desde 1978, que gañara por segunda vez José María Colom; Primer Premio no Concurso Steinway de Berlín 2015 e o Premio honorífico á súa traxectoria de Xuventudes Musicais de Madrid, Juan Pérez Floristán é xa un referente entre as novas xeracións de músicos españois e europeos.

En pouco tempo ten feito o seu debut nas principais capitais de España e Europa, entre outras en Madrid, Sevilla, Córdoba, Málaga, Pamplona, Las Palmas, París, Berlín, Hamburgo, Varsovia, Moscova, San Petersburgo e Malmö, ou os recentes concertos en Londres, Zürich, Múnic ou Abu Dabi desta tempada. Ten tocado con orquestras como a Sinfónica de San Petersburgo, Malmö Symphony Orchestra, Orquestra da Radio Televisión Española, Real Orquestra Sinfónica de Sevilla, Orquestra Filharmónica de Gran Canaria, Orquestra Sinfónica de Málaga, Orquestra Sinfónica de Córdoba, Orquestra Andrés Segovia, Xove Orquestra Nacional de España. Sendo dirixido por mestres como Pablo González, Marc Soustrot, Adrian Leaper, Juan Luis Pérez (seu pai), Lorenzo Viotti, Christian Arming, Pedro Halffter, Salvador Brotons, Víctor Ambroa, Antoine Marguier e Rubén Gimeno.

Comprometido co mundo da música de cámara, mantén unha formación estable (Trío VibrArt) con Miguel Colom e Fernando Arias, formación que ten recibido consellos entre outros de Menahem Pressler e Kennedy Moretti, este último que nos visitará para o peche desta tempada. Aínda que esporádicas, tamén son moi importantes as súas colaboracións con músicos da altura de Abel e Arnau Tomás (integrantes do Cuarteto Casals), Adrien Boisseau (actual viola do Cuarteto Ébéne), Pablo Barragán (clarinete) e Dietrich Henschel (tenor). Tamén participou en encontros de música de cámara tan prestixiosos como o Festival de Verbier, o Encuentro de Música e Academia de Santander e o Festival de Les Arcs, onde tocou co recoñecido Fine Arts Quartet.

Os seus compromisos futuros inclúen desde unha Liederabend na Toscana ate concertos con orquestra e recitais en EEUU (California, Miami…) xiras por Latinoamérica con presentacións en México, Uruguai, Panamá, Costa Rica, Brasil; re-invitacións en París e no Festival Beethoven de Varsovia, onde actuou no 2015.

En canto ao seu  desenvolvemento pianístico, fórmase durante os seus primeiros dez anos de aprendizaxe coa súa nai, María Floristán (a súa principal mestra e mentora), comeza a entrar en contacto con grandes personalidades da música: Daniel Barenboim, Nelson Goerner, Ana Guijarro, Claudio Martínez-Mehner, Menahem Pressler… No entanto, será outra profesora a que, durante catro anos, se encargue de el na Escola Superior de Música Reina Sofía, marcándolle o camiño profesional de forma definitiva: Galina Eguiazarova.

Mención á parte merece Elisabeth Leonskaja, que, desde que a coñeceu demostrou non só ser unha artista excepcional, senón tamén unha persoa comprometida coas novas xeracións de pianistas de forma entregada e totalmente desinteresada, unha axuda inestimable tanto na súa carreira como no seu crecemento persoal e artístico, invitándoo a festivais como o Ruhr Klavier Festival en Alemaña (onde tocou en calidade de Stipendiant da edición 2012, coa conseguinte gravación ao vivo dun CD) ou o Sommets-Musicaux de Gstaad, Suíza.

Actualmente, aos seus 23 anos, vive en Berlín, continuando a súa formación na Hochschule für Musik “Hanns Eisler” con Eldar Nebolsin, a súa maior influencia hoxe.

Web oficial de Juan Pérez Floristán

El piano de Juan Pérez Floristán

Reseña de Patrick Alfaya | Diario La Región

Hace ya más de una década la gran pianista rusa Elisabeth Leonskaja me recomendó mantener los ojos y oídos atentos a un joven pianista español: Juan Pérez Floristán. Así hice durante años, ayudado por gente como Ana Guijarro, maestra de pianistas españoles como Javier Perianes. Por fin, un día hablé con Ana, y decidimos programar en Madrid un concierto de este joven talento.

Pusimos fecha al recital y se anunció.

El destino quiso que  meses antes Juan ganase, el que sin duda es el premio para piano más célebre de España, el Paloma O’Shea en su edición de 2015. Ganar el premio fue importante, pero también es destacable que fuese el primer español que lo obtenía desde el año 1978, cuando el gran Josep Colom se hizo con el galardón.

Pero el 2015 fue a más para Juan ya que no hay que olvidar que en ese año  también obtuvo el primer premio del Concurso Steinway de Berlín.

Como muchas otras personas acudí al recital expectante, sabiendo que estaba ante un estupendo pianista –para algo habíamos hecho el seguimiento durante años-, pero lo que me encontré fue bastante más de lo que esperaba. La interpretación de Beethoven y Schumann, fue impresionante; sobre todo por su madurez. Juan dio una lección de sobriedad, de calidad técnica pero, sin aspavientos ni lucimientos innecesarios. Sin embargo, una de las cosas que más me llamó la atención fue la capacidad de Juan para comunicar con el público, incluso hablando desde el escenario y metiéndose a los oyentes en el bolsillo.

Ahora, Juan es un pianista “internacional”. No ha perdido sus raíces, y se nota en la manera de tocar, pero ha conseguido lo que muchos sueñan: pasar la barrera de los Pirineos, y no eventualmente; sus compromisos tan pronto le traen a Enclave de Cámara en Ourense este 5 de abril, como le llevan a Londres, o a Berlín, a la vez que toca con orquestas como la Filarmónica de San Petersburgo, o da recitales en salas como el mítico Wigmore Hall londinense.

Juan Pérez Floristán es una de las muestras más brillantes e interesantes del nivel que han alcanzado los músicos y formaciones españolas; al igual que lo son las dos orquestas gallegas: Sinfónica de Galicia y Real Filharmonía; o el que músicos como Joaquín Riquelme –que tocó en Enclave de Cámara el pasado 12 de enero- sea viola de la Filarmónica de Berlín.

¡Bravo Juan!  Te lo mereces.

 

PROGRAMA

I Parte (44′)

Franz Liszt (1811 – 1886) | “Années de pèlerinage (Italia) ”  (22′)

Sposalizio | Il pensieroso | Sonetto 104 del Petrarca

Fréderic Chopin (1810-1849) | Sonata n.º 2 en Si bemol menor Op.35

II Parte (35′)

Modest Músorgski (1839-1881) | Cadros dunha exposición