JOSEP COLOM E ONA CARDONA

Josep Colom piano | Ona Cardona clarinete

O prestixioso pianista Josep Colom, xunto á magnífica clarinetista Ona Cardona, comparten un programa de contrastes: Johannes Brahms culminou a súa traxectoria coas sonatas Op. 120, dúas obras mestras inspiradas polo clarinetista Richard Mühlfied que arrecenden a romanticismo sereno e que, á súa vez, contrastan co tormento das Fanstasías do seu estimado Robert Schumann, compositor e marido de Clara Schumann, creadora destacada da que sentiremos o lirismo da transcripción das Romanzas orixinais para violín.

JOSEP COLOM / BIO

Naceu en Barcelona en 1947 e, dende que ten lembranzas, a música sempre foi algo moi importante e cotián no seu ambiente familiar. Na súa mocidade gañou algúns concursos. Os internacionais de Xaén en 1977 e Santander en 1978 axudárono a comezar a ser coñecido en España. Moito máis tarde o Ministerio de Cultura de España lle outorgou o Premio Nacional de Música. Recentemente o selo RTVE editou un dvd co terceiro concerto de Prokofiev e un cd con obras de Chopin, Debussy e Ravel, gravacións ao vivo do arquivo de Radio Clásica dentro da serie “Grandes pianistas españois”.

Moitos músicos influíron e inflúen na súa evolución musical. É de salientar a influencia do compositor Joan Guinjoán que, ao seus 19 anos, o axudou a desenvolver unha maneira de abordar a música e a execución pianísitca moito máis racional e estruturada.

Un temperamento reservado e introvertido fai qu eo seu mundo sexa o recital e a música de cámara, aínda non acaba de renunciar ás ocasións de gozar das marabillas do repertorio con orquestra.

A pedagoxía converteuse pouco a pouco en algo moi valioso e ademais de impartir regularmente clases maxistrais, ensina desde a súa fundación en 1990 na Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares. Tamén desde hai uns anos colabora no Conservatorio Superior de Zaragoza e no Musikeon (València). A partir de setembro de 2012 comezou unha nova etapa pedagóxica no Conservatori Superior del Liceu de Barcelona.

ONA CARDONA / BIO

Natural de Maó, formouse no Conservatori de Menorca, na Escola Superior de Música de Catalunya, na Guildhall School of Music and Drama e na Royal College of Music de Londres.

Apaixoada da música de cámara, compartiu escenario con artistas da categoría de Madzar, Huber, Pascal, Colom, Bagaría, Banse, Erdmann, Hornung, Ortega, The Soloists of London ou Cuarteto Casals. Clarinete solista da Orquestra de Cambra Illa de Menorca dende 2006, colabora con prestixiosas orquestras e traballa con recoñecidos directores como Ashkenazi, Pehlivanian, Köhler ou Petrenko.

Intérpreste de gran versatilidade e gañadora de numerosos premios, Ona foi convidada a festivais internacionais por todo o mundo actuando en salas de relevancia como o Palau de la Música e L’Auditori de Barcelona, Auditorio Nacional de Madrid, Wigmore Hall, St-Martin-in-the-Fields, Barbican Hall, Glyndebourne Opera, Berlin Konzerthaus, Nanjing Music Hall ou Carnegie Hall de New York.

Cunha ampla experiencia docente, é convidada regularmente a impartir cursos e clases maxistrais nas que integra os principios do Método Trager. En 2012 incorpórase ao Conservatorio Superior de Música de Aragón, centro no que actualmente é profesora de clarinete e repertorio musical.

PROGRAMA

I Parte

  • Robert Schumann (1810-1856) | Fantasiestücke Op.73 (1849) (13’) | I Zart und mit Ausdruck | II Lebhaft, leicht | III Rasch und mit Feuer
  • Johannes Brahms (1833-1897) | Sonata en Mib M, Op. 120 Nº 2 (22’) | I Allegro amabile | II Allegro, molto appassionato | III Andante con moto; Allegro

II Parte

  • Clara Schumann (1819-1896) | Drei Romanzen op. 22 (12’) | I Andante molto | II Allegretto: Mit zartem Vortrage | III Leidenschaftlich schnell
  • Johannes Brahms (1833-1897) | Sonata en Fa m, Op. 120 Nº 1 -ano 1894-  (23’) | I Allegro appassionato | II Andante un poco Adagio | III Allegretto grazioso | IV  Vivace

 

Web de Ona Cardona | Web de Josep Colom

Xoves 2 Maio | 20:00 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE