JAVIER PERIANES

piano

Premio Nacional de Música 2012, a sua carreira desenvólvese polos cinco continentes con concertos nas salas máis prestixiosas do mundo traballando con mestres como Barenboim, Dutoit, Dudamel, Mehta, Maazel, Frühbeck de Burgos, Harding, Temirkanov e V. Petrenko e con orquestras como a Wiener Philharmoniker, Philharmonia Orchestra, Chicago, Boston e Atlanta Symphony Orchestra, Cleveland Orchestra, New York Philharmonic, London Philharmonic, Israel Philharmonic e London Symphony, entre outras.

A temporada 2018-19 de Perianes inclúe debuts coas orquestras Filharmónica Checa (Festival Primavera de Praga), Gewandhaus, Konzerthaus, St. Louis, Orpheus, Toronto o Milwaukee, así como o seu regreso coa San Francisco Symphony, Bergen Philharmonic, Tampere, Gävle e a Orchestre de Paris. Tamén agardan xiras coa London Philharmonic por España e o Reino Unido, e coa Orpheus Chamber Orchestra polos Estados Unidos para finalizar no Carnegie Hall de Nova York.

Artista exclusivo do selo harmonia mundi, o seu último álbum está dedicado ás sonatas D.960 e D.664 de Schubert. Próximamente sairá ao mercado a súa gravación co Concerto Nr. 3 de Bartók xunto á Münchner Philharmoniker e Pablo Heras-Casado.

PROGRAMA

I Parte

  • Frédéric Chopin (1810-1849)
    • Nocturnos op. 48 | Op. 48 No. 1 en Do menor | Op. 48 No. 2 en Fa sostido menor
    • Sonata No. 3 en Si menor op. 58 | Allegro maestoso | Scherzo. Molto vivace | Largo | Finale. Presto, non tanto

II Parte

  • Claude Debussy (1862-1918)
    • Preludes (selection) | Danseuses de Delphes | Le vent dans la plaine | La fille aux cheveux de lin | Le sérénade interrompue | La cathédrale engloutie | Minstrels
  • Manuel de Falla (1876-1946)
    • El Amor Brujo | Pantomima | Danza del Terror | Círculo Mágico | Danza Ritual del Fuego

Web de Javier Perianes

Xoves 13 Decembro | 20:00 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE