ISABEL VILLANUEVA E FRANÇOIS DUMONT

VIOLA e PIANO

Isabel Villanueva e François Dumont tocan en dúo habitualmente tendo actuado en numerosas ocasións en España. “Bohèmes“, o primeiro álbum de Isabel Villanueva, gravouno xunto a François Dumont en outubro de 2017 e recibiu premios de The Strad, Melómano de Ouro, Scherzo Magazine, Top 10 RITMO Magazine, e en 2018 foi galardoado co Mellor Álbum Clásico do Ano nos Premios MIN de Música Independente.

Isabel Villanueva (viola) é unha das violistas máis importantes da nova xeración. Actuou como solista con orquestras en Europa, Rusia, Medio Oriente e China. Ela é pioneira na presentación de concertos en numerosos lugares onde a viola nunca fora programada como solista. En 2013 converteuse na primeira violista estranxeiras en realizar recitais en Irán. Está particularmente involucrada na nova música colaborando con compositores e obras escénicas, moitas dedicadas a ela, por S.Gubaidulina, M.Sotelo, G.Khayam, J.Cervelló, H.Khoury, T. Marco, J.Zárate e B. Olivero, entre outros.

En 2015 recibiu o recoñecemento institucional de Marca España como “embaixadora do talento español no mundo”. Ese mesmo ano recibiu o Premio “El Ojo Crítico” de Música Clásica da Corporación Nacional de Radiodifusión Española (RNE), e recentemente en 2019, recibiu o Premio de Cultura da Comunidade de Madrid en Música Clásica; é a primeira vez que ambos os dous premios se lle outorgan a unha violista.

François Dumont (piano) é gañador dos máis prestixiosos premios internacionais: o concurso Chopin, o concurso Raíña Elisabeth, o concurso Clara Haskil e o concurso de Montecarlo. Foi nomeado para un Grammy na categoría ‘solo instrumental’ e recibe o premio dos “Críticos da Música” como Revelación Francesa.

Actuou coa Orquestra Nacional de Lión e Leonard Slatkin (con quen gravou os dous concertos de Ravel), coa Orquestra de Cleveland, a Orquestra do Teatro Mariinsky, a Orquestra Filharmónica de Montecarlo, a Orquestra Filharmónica de Varsovia, a Sinfónica de Toquio, a Orquestra de Cámara de Lausana con directores como Jesús López -Cobos, Antoni Wit, Arie van Beek, Philippe Bender e Stefan Sanderling, entre outros.

François Dumont ofreceu recitais no Festival de La Roque d’Anthéron, o Festival Piano aux Jacobins de Toulouse, o Festival Chopin en Nohant, Festival de Radio France Montpellier, Festival de Besançon, Festival Chopin en Bagatelle, Nuits du Suquet en Cannes, Festival de Varsovia, Ravel Montfort l’Amaury, Festival de Ljubljana en Eslovenia, Kennedy Center de Washington. Tamén é invitado regularmente a China e Xapón.

Web Isabel Villanueva | Web Fraçois Dumont

PROGRAMA

I Parte

  • Ludwing van Beethoven (1782-1827) | Sonata en La maior, Op. 69 n.º 3 para cello e piano (versión viola) [26’]
    • Allegro | Scherzo: Allegro molto | Adagio cantabile – Allegro vivace

II Parte

  • Mijaíl Glinka (1804-1857) | Sonata en La menor para viola e piano [17’]
    • Allegro moderato
  • Serguéil Prokókiev (1891-1953) | Cinco pezas do ballet “Romeu e Xulieta” (arr. Borissovsky) [26’]
    • Allegro moderato | Introdución | A moza Xulieta | Danza dos cabaleiros | Morte de Xulieta | Mercutio

Xoves 6 Febreiro 2020 | 20:00 h | Liceo de Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE