IAGOBA FANLO

| violonchelo |

Iagoba Fanlo ocupa a Xefatura do Departamento de Corda do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e imparte regularmente clases maxistrais na Royal Academy of Music de Londres.

En 2009 ofreceu a primeira audición da obra inédita para violonchelo e piano de Pau Casals por petición da propia Fundación Casals. Colabora habitualmente como profesor e director do Festival junger Künstler de Bayreuth e foi titor de violonchelos da European Union Youth Orchestra (E.U.Y.O)

A súa gravación da música para violonchelo e piano da Xeración do 27 así como a das Seis Suites para violonchelo solo de J.S. Bach recibiron as mellores críticas dos medios especializados, sendo un disco especialmente recomendado nas revistas CD Compact, Ritmo, The Strad e Scherzo.

En 1994 é seleccionado para interpretar o concerto de E. Elgar baixo as batutas de Y. Menuhin e Lynn Harrell, debutando xunto a este e a orquestras da Royal Academy de Londres ese mesmo ano. Foi solista con London New Sinfonia, Saint Petersburg’s Chamber Orchestra, Euskadiko Orkestra, ou a Orquestra Nacional de Panamá entre outras, xunto ás batutas de diretores como O. Vlcek, J. Bernàcer, P. Halffter, R. Sanz-Espert, Y. Sharovsky, C. Olivieri-Munroe, H. Ávila, O. Lenard, J. Cantarell-Rocha, A. Ros-Marbá, J. de Eusebio ou Colin Metters.

Iagoba Fanlo é Associate of the Royal Academy of Music of London. e actúa cun violonchelo construído por I. Guillamí en 1746.

PROGRAMA

I Parte

  • Johann Sebastian Bach (1685-1750) | Suites para Violonchelo Solo |
    • Suite nº 1en Sol Maior BWV1007 (17’) | Prélude | Allemande | Courante | Sarabande | Menuets I et II | Gigue
    • Suite nº 3 en Do Maior BWV1009 (20’) | Prélude | Allemande | Courante | Sarabande | Bourrées I et II | Gigue

II Parte

  • Johann Sebastian Bach (1685-1750) | Suites para Violonchelo Solo
    • Suite nº 6 en Re Maior BWV1012 (26´) | Prélude | Allemande | Courante | Sarabande | Gavottes I et II | Gigue

Xoves 5 Abril | 20:30 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billetería do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE