HÉRCULES BRASS
Hércules Brass nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos profesionais de vento metal, cunha longa experiencia tocando xuntos principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).
Nos seus comezos, Hércules Brass foi finalista no oitava International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet, semifinalista na oitava International Chamber Music Competition e obtivo o primeiro premio no IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza. Na súa curta traxectoria xa actuaron en festivais como o 30 aniversario da JONDE, Festival Spanish Brass Alzira 2013 e Festival Ticino Musica 2013. E como solistas coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, a Banda Unión Musical de Meaño, a Banda Municipal da Coruña e coa Orquestra Sinfónica de Galicia estreando o espectáculo “Historia do Quinteto Triste e a Bruxa Anónima”. Recentemente foron protagonistas dunha das emisións de “Música Joven” en Radio Clásica da RTVE e recibiron o primeiro premio no eMuse Online Music Competition 2014. Desde agosto de 2014 organizan o seu propio festival “Hércules Brass Celanova”.
PROGRAMA
- Giles Farnaby (1563-1640)
- Anthony Holborne (1545-1602)
- Johann Sebastian Bach (1685 – 1750) | Toccata e fuga en Re menor [arranxo F. Mills]
- Joaquín Turina (1882-1949) | Orgía, Danzas Fantásticas [arranxo R. Rodríguez]
- Enrique Crespo | Suite Americana
- George Bizet (1838-1875) | Habanera, “Carmen” [arranxo A. Saavedra]
- Pascual Piqueras (1975-) | De Cai. El Relicario Padilla [arranxo D. Bagley]
- Sonny Kompanek (1943-) | Killer Tango
Xoves 3 Xuño 2021 | 20:30 h | Praza de San Martiño, Ourense
Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do auditorio.
MERCAR ENTRADAS ONLINE