ENSEMBLE PRAETERITUM

Pablo Suárez violín solista e dirección | Laura Delgado e Mari Carmen Jiménez violíns | Paula García viola | Marco Pannaría violoncello | Laura Asensio contrabaixo | Ramiro Morales tiorba

Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez Calero en 2011. Un dos principais obxectivos é a procura da novidade na maneira de afrontar a música. Por medio de fortes contrastes dinámicos e expresivos, improvisacións, cadencias, recitativos, e unha procura constante de cores no son, o Ensemble interpreta a partitura creando unha beleza especial e persoal destinada puramente ao goce do público.

Desde a súa creación, actuou nos principais ciclos e festivais de Madrid, Castela-A Mancha, Castela e León, Mallorca, Asturias, Andalucía e Berlín.

En xuño de 2015, crea o seu primeiro festival na cidade de Alcalá de Henares: Festival de Música Praeteritum. Na súa primeira edición contou coa colaboración da mezzosoprano Marta Infante, e a cesión do violín Stradivarius Ex-Lysy, que, en mans do seu director, permitiu, por primeira vez, o poder escoitar un instrumento desas  características en Alcalá de Henares. Na segunda edición, os solistas Silvia Márquez, clave, e David Apellániz, violoncello, interpretaron concertos de J.S.Bach e L. Boccherini

Na tempada 2016-2017, o Ensemble Praeteritum inaugurou o ciclo Música en Domingo & Concertos de mediodía da Fundación Juan March, e interpretou concertos nas Sociedades Filharmónicas de Pontevedra, Lugo e no Teatro Jardinito de Cabra (Córdoba).

Acorde coa praxes interpretativa da época, os músicos de Praeterium incorporan nexos de unión dentro deste estilo introducindo ao ouvinte no mundo evocado por Vivaldi nunha interpretación dos catro concertos sen solución de continuidade.

PROGRAMA

  • Antonio Vivaldi (1678-1741) | Vivaldi Senza Fine – As catro estacións versión “Senza Fine” ( Duración 60 minutos sen pausa)
    • Overtura, Concerto di Parigi Sol menor | I Allegro | Cadence *
    • A primavera, Violín Concerto Mi maior RV269 | I Allegro | II Largo | III Danza Pastorale | Cadence* | Adagio Spiccato
    • O Verán, Violín Concerto Sol menor RV 315 | I Allegro non molto | Cadence* | II Adagio e piano- Presto e forte | III Presto | Arpeggiata antec autummus**
    • O Outono, Violín Concerto Fa maior RV 293 | I Allegro | II Adagio molto | Cadence* | III Allegro | Cadence*
    • O Inverno, Violín Concerto Fa menor RV 297 | I Allegro non molto | II Largo | III Allegro

 *Pablo Suarez Calero (violín) | **Ramiro Morales (tiorba)

Xoves 3 Maio | 20:30 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billetería do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE