DÚO RIVERA – FERNÁNDEZ

Blanca Fernández* violín | María Luz Rivera piano
a

O Dúo Rivera caracterízase polo seu labor de difusión da música de cámara española e polo súa especial atención ao repertorio contemporáneo, sen esquecer o repertorio clásico xeral. Desde o ano 2000, e de maneira complementaria ás súas traxectorias individuais, este dúo ourensán interpretou obras de autores europeos en diversos concertos por España, Europa, América e Asia.

O Dúo Rivera desenvolve varios proxectos centrados na produción musical española e galega para piano e violín e as súas relacións coa música europea. Ao longo da súa traxectoria, este dúo reivindicou os compositores menos coñecidos, rescatou a súa obra e deulles unha difusión no contexto internacional.  Implicouse igualmente en proxectos interdisciplinarios sobre compositores clásicos e contemporáneos, unindo a musicoloxía con outras ramas artísticas.

Desde a presentación internacional do dúo en xaneiro de 2004, nunha xira de concertos por Francia –París, (Les Invalides) Lyon e Toulouse–, María Luz e Raquel Rivera desenvolveron unha relevante carreira musical  internacional.

María Luz Rivera, pianista, naceu en Ourense e comezou os seus estudos na súa cidade natal. Posteriormente se trasladou a Madrid, para estudar con Matilde Urtiaga e rematou a carreira no Real Conservatorio Superior de Música, na  cátedra do profesor Guillermo González. Ampliou a súa formación  en numerosos cursos de  perfeccionamento con distintos mestres como Alicia de Larrocha, Gyorgi Sandor,  K.H. Mrongrovius, J. Achúcarro… Obtivo galardóns como o Primeiro Premio “Xoves Intérpretes” de Galicia. Entre as súas actividades destaca a gravación dun disco que lembra a obra de Sebastián Albero. Destaca como concertista en grupos de música de cámara ou como solista, especializándose en música española. Como pianista  solista, destacan as súas actuacións en distintos  auditorios de América Latina, Alemaña (Weimar, Casa de Beethoven en Bonn, Hochschule für Musik de Colonia), Kuwait, Italia ou  Estados Unidos. É profesora no Conservatorio Profesional de Música de Madrid.

Blanca Fernández* González (en substitución de Raquel Rivero) é unha excelente violinista madrileña que, tras obter a máxima cualificación na Guildhall School of Music & Drama e o seu paso pola Royal Academy of Music de Londres en 2015 co profesor Maurice Hasson, é premiada co “Santander UK Universities Award”. Ofrece concertos coma solista con diversas agrupacións como a orquestra “Andrés Segovia” ou a “Orquesta Iuventas” e colabora, entre ourtas, coa London Symphony Orchestra. Como música de cámara ten xirado polos principais festivais e salas europeas e é membro do Trío Mosaicos e colaboradora do ensemble “Sonido Extremo”. Actualmente compaxina a súa actividade concertística coa docencia no Conservatorio da Comunidade de Madrid e na Escola Superior de Música de Extremadura. Dende 2016 é directora artística do Festival Luigi Boccherini, de Arenas de San Pedro.

PROGRAMA

I Parte

  • Anton Webern (1883-1945) | Vier Stücke Op7 (5′)
  • John Cage (1912-1992) | Nocturne (5′)
  • Joaquín Turina (1882-1949) | Sonata para Violín e Piano Nº 2 Op. 82 (15′) | Lento | Vivo | Adagio

II Parte

  • Enrique Granados (1867-1916) | Sonata (8′)
  • Fernando Buíde del Real (1980-) | Canto Auriense (5′) (Estrea absoluta obra encargo do Enclave de Cámara)
  • Manuel de Falla (1876-1946) | Suite popular española (9′) | El paño moruno | Nana | Polo | Jota

 

Web do Dúo Rivera

Xoves 6 Xuño | 20:00 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE