DÚO DEL VALLE

DÚO DE PIANO

Víctor del Valle | Luis del Valle

Tras o seu triunfo no prestixioso ARD International Music Competition (Munich, 2005), o dúo dos irmáns Víctor e Luis del Valle (Vélez – Málaga) foi moi pronto recoñecido como unha das agrupacións camerísticas máis sobresalientes de Europa.

Foron ademais gañadores de numerosos galardóns en concursos como o Dranoff International Two Piano Competition de Miami (EEUU), Bialystok International Piano Duo Competition (Polonia), “El Primer Palau” (Barcelona), “Musiques d’Ensemble” (París) ou no XXI Central European Music Festival (Zilina, Eslovaquia), onde se deron cita os gañadores dos concursos internacionais máis relevantes (Queen Elisabeth Competition, Tchaikovsky Competition, ARD…).

As súas actividades inclúen actuacións no Auditorio Nacional de Música de Madrid, o Teatro Monumental de Madrid, o Palau de la Música de Cataluña, Auditorio Dom Musiki (Moscova), Herkulessaal (Múnic), Liederhalle (Stuttgart), Congress Centrum (Hannover), Théâtre des bouffes du Nord (París), Teatro Nacional (Panamá), Teatro Metropolitano de Medellín (Colombia), Finnish National Opera (Helsinki), Estonia Konsertdisaal (Tallinn), Seoul Ilshin Hall (Corea do Sur), etc.

Actuou con orquestras como a  Orquesta Nacional de España, a Orquesta de RTVE, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Helsinki Philharmonic Orchestra, Bialystok Philharmonic Orchestra, Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks, Münchener Kammerorchester ou a Symphonieorchester des SWR de Stuttgart, baixo a batuta de directores como Howard Griffiths, Ralf Gothoni, Peter Csaba, Juanjo Mena, Yakov Kreizberg, André de Ridder, Guillermo García Calvo, Okko Kamu…

Sempre interesados na difusión da música española, os irmáns Víctor e Luis del Valle gravaron música do compositor Tomás Marco xunto á Orquesta Filarmónica de Málaga e o director Nacho de Paz. Tamén colaboraron coa orquestra Real Filharmonía de Galicia e Maximino Zumalave na realización dun CD con obras descoñecidas do compositor galego José Arriola, sendo editado polo selo Brilliant e saíndo ao mercado discográfico a comezos deste ano 2019. Tras o éxito colleitado coa súa xira europea de recitais -presentación do seu CD “Impulse” (2016-2018), un proxecto discográfico editado por IBS CLASSICAL, actualmente traballan nunha nova gravación de Bartók e Ravel que verá a luz en 2020.

Involucrados no achegamento da música clásica ao gran público, o Dúo del Valle, creou xunto coa cantante Pasión Vega o espectáculo “2 Pianos con Pasión“, mestizaxe músico-teatral que foi presentada con grande éxito por toda a xeografía española e que xa puideron gozar máis de 40.000 espectadores.

Na actualidade, Víctor e Luis del Valle compaxinan a súa concertística co seu labor docente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e o Conservatorio Superior de Música de Málaga. Son invitados frecuentemente para impartir leccións maxistrais de piano e de  música de cámara tanto en España como no estranxeiro.

A Junta de Andalucía a través dos seu Instituto Andaluz de la Juventud outorgoulles a distinción “Premio Málaga Joven” pola promoción de Málaga no exterior.

Web Duo del Valle

PROGRAMA

I Parte

  • Wolfang Amadeus Mozart (1756-1791) | Sonata para piano a catro mans en Do Maior KV. 521
    • Allegro | Andante | Allegretto
  • György Sándor Ligeti (1923 – 2006) | Cinco pezas para piano a catro mans
    • Marcha
    • Estudo Polifónico
    • Tres danzas nupciais
      • O carro está na porta
      • Ven rápido e enfeitada 
      • Danza circula
    • Sonatina
      • Allegro
      • Andante
      • Vivace
    • Allegro

II Parte

  • John Corigliano (1938 – ) | Chiaroscuro (dous pianos)
    • Light | Shadows | Strobe
  • Maurice Ravel (1875 – 1937) |La Valse (versión orixinal do autor para dous pianos anterior á orquestración)
  • Witold Lutoslawski (1913 – 1994) | Variacións sobre un tema de Paganini para dous pianos

Xoves 7 Maio 2020 | 20:00 h | Teatro Principal de Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE