DÚO CASSADÓ

Damian Martínez Marco violonchelo | Marta Moll de Alba piano

Aclamado internacionalmente pola súa distinguida musicalidade e sensibilidade, o  Dúo Cassadó, seduce tanto o público como a crítica grazas á súa orixinalidade e carisma.

Artista exclusivo de Warner Classics, o Dúo Cassadó actuou en Israel, Canadá, Colombia, Ecuador, Arxentina, Marrocos, Tunisia, Francia, Italia, Alemaña, Suíza, Portugal, Exipto, Xordania e China.

Formado polo violonchelista Damian Martínez Marco e a pianista Marta Moll de Alba, comezou a súa traxectoria artística no ano 2000 e desde entón recibiu o recoñecemento do público e da crítica internacional. Damián Martínez, considerado un dos mellores violonchelistas da súa xeración, foi recoñecido e apoiado por Mstislav Rostropovich. O Dúo foi tamén recomendado por Alicia de Larrocha, como o máis brillante dúo representante da música de cámara española.

O seu disco “Rapsodia del Sur” recibiu o apoio da Fundación BBVA, foi escollido entre os mellores discos do ano e foi galardoado co “Melómano de Oro”.

Web do Duo Cassadó

PROGRAMA

  • Johann Sebastian Bach (1685-1750) | Suite para chelo só n.3 BWV 1009 [21’]
    • Prelude | Allemande | Courante | Sarabande | Bourrée 1&2 | Gigue
  • Ludwig van Beethoven (1770-1827) | 7 variacións sobre un tema da Frauta Máxica de Mozart [10’]
  • Ernest Bloch (1885-1977) | From jewish life [10’]
    • Prayer | Supplication | Jewish Song
  • Arvo Pärt (1935-) | Spiegel im spiegel [12’] | Fratres [11’]

Domingo 22 Novembro | 19:00 h | Auditorio Municipal de Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE