DÚO CASSADÓ

Damián Martínez Marco violonchelo | Marta Moll de Alba piano

Aclamado internacionalmente pola súa  exquisita musicalidade e sensibilidade, o Dúo Cassadó cativa tanto o público como a crítica grazas ao seu temperamento, orixinalidade e carisma.

Artista exclusiva de Warner Classics, o  Dúo Cassadó actuou en prestixiosos auditorios e festivais en  Israel, Canadá, Colombia, Ecuador, Arxentina, Marrocos, Tunisia, Francia, Italia, Alemaña, Suíza, Portugal, Exipto, Xordania e China.

Damián Martínez Marco, considerado un dos mellores violonchelistas, foi recoñecido e apoiado por Mstislav Rostropovich. O Dúo Cassadó foi tamén recomendado por Alicia de Larrocha, como o máis brillante dúo representante da música de cámara de España.

O seu disco “Rapsodia del Sur” recibiu o apoio da Fundación BBVA, foi escollido pola prensa especializada entre os mellores discos do ano e foi galardoado co  “Melómano de Oro”.

Proximamente o Dúo Cassadó actuará en España, Alemaña, China, Corea e Xapón.

Web Dúo Cassadó

PROGRAMA

I Parte.

  • Franz Schubert (1797-1828) | Sonata Arpeggione (25’) | I Allegro moderato | II Adagio | III Allegretto
  • Robert Schumann (1810-1856) | Adagio und Allegro (9’30)

II Parte.

  • Ernest Bloch (1880-1959) |  Jewish life (9’) | Prayer | Supplication | Jewish Song
  • Gaspar Cassadó (1897-1966) | Rapsodia del Sur* (10’)
  • Astor Piazzolla(1920-1992) | El Gran Tango (12’)


Mércores 7 Febreiro | 20:30 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billetería do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE