DMYTRO CHONI
PIANO
Dmytro Choni é o último gañador do Concurso Internacional de Piano de Santander Paloma O’Shea
Cada nova convocatoria do Concurso Internacional de Piano de Santander trae consigo un cúmulo de satisfaccións musicais, porque nada hai tan fascinante como asistir desde o principio ao nacemento dunha carreira artística e nada resulta tan gratificante como comprobar que o pulo das novas xeracións está garantindo o futuro da interpretación pianística.
O dar a coñecer ao mundo este novo talento é a razón de ser do Concurso e por iso, a súa organización establece vínculos con salas de prestixio, orquestras, programadores e sociedades filharmónicas de todo o mundo, que lles ofrecen aos galardoados do Concurso a oportunidade de se presentaren ante o público en concerto.
Coa presentación de Dmytro Choni, o novo gañador da edición edición XIX, renóvase a colaboración institucional que se iniciara en 2015 entre o ciclo Enclave de Cámara e o Concurso de Piano de Santander, grazas ao cal as persoas afeccionadas á música de Ourense teñen a ocasión de corroborar persoalmente a valía destes novos nomes.
PROGRAMA
I Parte
- Johannes Brahms (1833-1897) | Rapsodias, op. 79 [14’]
- Robert Schumann (1810-1856) | Gesänge der Frühe, op.133 [13’]
- Frank Liszt (1811 -1886) | De “Années de pèlerinage: Deuxieme Année (Italie)” S.161/7. Après une lecture du Dante, Fantasia quasi Sonata [17’]
II Parte
- Serguei Rachmaninov (1873-1943) [30’]
- Daisies, op. 38 no.3
- Lilacs; op. 21 no.5
- Momento musical en mi menor, op.16 no. 4
- Sonata para piano no.2 en si bemol menor, op.36
Xoves 12 Decembro | 20:00 h | Teatro Principal de Ourense
Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro
MERCAR ENTRADAS ONLINE