DANIEL RÖHN E MILANA CHERNYAVSKA

Daniel Röhn violín | Milana Chernyavska piano

O destacado dúo tocou nas principais salas de concertos e festivais ao redor do globo. Para o Enclave de Cámara de Ourense presentan un portentoso programa, cargado de paixón, musicalidade e enorme virtuosismo con obras de Leclair, Sinding e Mendelssohn entre outros.

Por invitación de Lorin Maazel, Ricardo Muti e Pekka Salonen, Daniel Röhn tocou en varias ocasións coa Orquestra Sinfónica de Radio Bavaria e a SWR Sinfónica de Radio Stuttgart.

Xa como dúo, tocaron en salas como a Berlin Philharmonie, Sala da Filharmónica de Munic, Festspielhuas Baden-Baden, Vienna Konzerthaus, o Centro Cultural de Lucerna, Concertgebouw Amsterdam, Cité de la Musique en Paris, Southbank Centre e Wigmore Hall. Tamén nos principais festivais europeos como o Festival de Rheingau, Festival Mecklenburg-Vorpormmern, Festival de Lucerna, Festival de Radio France Montpellier e o Festival de Verbier.

Web de Daniel Röhn | Web de Milana Chernyavska

PROGRAMA

I Parte

  • Jean-Marie Leclair (1697-1764) | Sonata en re maior, Op. 9, No. 3
  • Claude Debussy (1862-1918) | Sonata para violín e piano
  • Christian Sinding (1856-1941) | Suite im alten Stil, Op. 10

II Parte

  • Ernest Bloch (1880-1959) | Nigun de Baal Shem, B. 47
  • Felix Mendelssohn (1809-1847) | Sonata en fa maior (1838)

Mércores 7 Novembro | 20:00 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE