DALIA QUARTET

Elena Rey violín | Oleguer Beltrán violín | Anna Puig viola | Erica Wise violonchelo

Integrada por catro músicos cunha carreira orquestral consolidada que os levou a  traballar con conxuntos como a Mahler Chamber Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Camerata Bern, Orquestra da Camera, Dortmunder Philharmoniker, ou a Orquestra da Comunidade Valenciana, a formación nace da necesidade dun espazo paralelo á orquestra para poder profundar no repertorio de cámara e explorar linguaxes estéticas que só un marco como o do cuarteto de cordas, íntimo e cun altísimo grao de complicidade, fai posibles.

Tras os concertos de presentación en Barcelona e Cervera en 2014, o Dalia Quartet  xa afrontou compromisos de prestixio, entre os que cabe destacar tres actuacións na Schubertíada Vilabertran e residencies en Cervera e no Teatro de Sarriá en Barcelona. Recentemente debutou en L’Auditori de Barcelona nun concerto conxunto cos cuartetos Novus e Armida. Entre as súas futuras actuacións, destacan os seus debuts no Palau de la Música de Barcelona así como na Fundación Juan March e  en Sofia, invitados polo Centro Nacional de Difusión Musical.

Web Dalia Quartet

PROGRAMA

I Parte.

  • Johann Sebastian Bach (1685-1750) | A Arte da Fuga BWV 1080 (3’)
  • Franz Joseph Haydn ((1732-1809) | Cuarteto nº 24 en Do maior Op. 20 “O Sol” núm. 2, Hob III:32 (20 ‘) | I Moderato | II Capriccio. Adagio – Cantabile | III Minuet. Allegretto- Trio | IV Fuga a 4 soggetti. Allegro

II Parte

  • Josep María Guix (1967-) | Tres haikus para cuarteto (8’)
  • Johannes Brahms (1833-1897) | Cuarteto nº 1 en Do menor Op. 51 número 1 (30’) | I Allegro | II Romanze. Poco adagio | III Allegretto molto moderato e comodo: un poco più animato | IV Allegro

 

 

Mércores 4 Outubro | 20:30 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billetería do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE