CUARTETO GERHARD

Lluís Castán Cochs violín | Judit Bardolet Vilaró violín | Miquel Jordá Saún viola | Jesús Miralles Rover chelo

Gerhard Quartet nace en 2010 influenciado e guiado pola mestría do Cuarteto Casals e desde ben cedo é considerado un dos grupos con máis proxección do país. O nome da formación quere render homenaxe á figura de Robert Gerhard, alumno de Arnold Schoenberg e un dos compositores cataláns máis recoñecidos do século XX.

Flamantes gañadores do premio ” El Primer Palau” 2012 e recoñecidos pola emisora Catalunya Música, que considera o cuarteto novo talento 2013, outórgalle o premio 25 anos de Catalunya Música, promocionando internacionalmente o grupo e facendo difusión das súas actividades. Finalistas no prestixioso concurso internacional ICMC Hamburgo deste mesmo ano. Tamén obtivo o 2 º premio na 76 ª convocatoria do concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España (2011), o primeiro premio no XXII Concurso Internacional de Música de Capellades (2011) e o primeiro premio no Concurso Internacional de Música de Cámara Ciutat de Vinaròs (2010). Así mesmo foron gañadores do primeiro premio INJUVE de Música Clásica 2010 e premiados como “The most convincing newcomer ensemble” 2011 de Xuventudes Musicais de Alemaña dentro do International Music Campus de Weikersheim.

O Cuarteto Gerhard actuou en diversos festivais nacionais e internacionais como a Schubertíada de Vilabertrán, Festival de Torroella de Montgrí, Festival de Música e Danza de Granada e o Festival 3estaciones de música da mesma cidade. Tamén cabe destacar as súas actuacións no MozartFest de Würzburg (Alemaña) dentro do ciclo Rising Stars, Festival Dino Ciani de Cortina de Ampezzo (Italia), e na temporada de cámara da Stadtcasino de Basilea. Foron artistas residentes BUNGE no Auditorio Ateneu de Banyoles durante o ano 2013 onde nun dos concertos actuaron conxuntamente co prestixioso pianista hispano-alemán Claudio Martínez Mehner.

En Outubro 2017 viu a luz a primeira gravación do Quartet Gerhard (Schumann/Berg/Kurtág) no marco da nova colección de Harmonia Mundi Nova. Este prestixioso lanzamento é o froito do duro traballo que acentúa ao tempo que confirma a ascensión desta excelente formación musical.

PROGRAMA

I Parte

  • Wolfang Amadeus Mozart (1756-1791) | Cuarteto nº 15 en re menor, Op. 10 “Haydn”, Nº 2 Kv.421 (29’) | Allegro moderato | Andante | Menuetto e Trio. Allegretto | Allegretto ma non troppo
  • Robert Gerhard (1896-1970) | Cuarteto nº 1 (24’) | Allegro assai | Con vivacitá | Grave | Molto allegro

II Parte

  • Johannes Brahms (1833-1897) |Cuarteto Op. 51/2 (34’) | Allegro non troppo |Andante moderato |Quasi minuetto, moderato – Allegretto vivace | Finale – Allegro non assai

 

Web do Gerhard Quartet

Mércores 6 Febreiro | 20:00 h | Teatro Principal | Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE