CUARTETO DE ZAGREB

CUARTETO DE CORDA

Fundado como o primeiro cuarteto de cordas profesional e estable no panorama musical croata, o Cuarteto de Zagreb ofreceu o seu primeiro concerto o día 25 de abril de 1919.

Naquela altura todos os seus membros eran profesores do Conservatorio de Zagreb. Durante as súas dúas primeiras décadas de existencia destacados intérpretes formaron parte do cuarteto e levaron a súa calidade artística ao máis alto, converténdose ata o día de hoxe nun piar fundamental da escena da música clásica no Zagreb e Croacia.

Durante a primeira etapa, o Cuarteto de Zagreb, traballou un amplo repertorio musical que abrangue desde os compositores clásicos como Haydn, Mozart, Beethoven e Brahms ata os compositores contemporáneos, con especial énfase nos compositores de orixe croata.

A partir de 1930, o Cuarteto comeza a súa andadura en xiras internacionais, con actuacións, entre outras, nos Estados Unidos, a ex Unión Soviética, Rusia, Canadá, Australia, Nueva Zelandia, Alemaña e a República Checa. Nesta época o Cuarteto tamén inicia as súas colaboracións artísticas con outros destacados solistas do eido internacional.

Desde 2008 o Cuarteto de Zagreb desenvolve os seus ciclos de concertos estables no  Instituto da Música de Croacia. A reputación do conxunto vese confirmada polas xiras internacionais durante os anos 90’, época na cal o conxunto trataba de incrementar a concienciación internacional sobre o estado de guerra en Croacia. As xiras incluíron actuacións no Concertgebouw de Amsterdam, o Rudolfinum de Praga, a St. John Smith Square en Londres, a sede das Nacións Unidas en Nova York e o Guangyuan Concert Hall en China. Interpretaron grandes composicións como “A arte da fuga” de J.S. Bach e os cuartetos de corda tardíos de Beethoven. Unha das súas actuacións máis sinaladas foi a interpretación de “As derradeiras sete palabras de Cristo na Cruz” de Joseph Haydn, na cripta da igrexa de Santa Ana en Xerusalén.

Web do Zagreb Quartet

PROGRAMA

  • Igor Kuljerić (1938-2006) | Canción
  • Wolfgang A. Mozart (1756-1791) | Cuarteto nº 18 en La Maior, KV 464
  • Antonín L. Dvorak (1841-1904) | Cuarteto nº 14 en La b Maior, op. 105

Xoves 4 Febreiro 2021 | 20:30 h | Auditorio Municipal de Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do auditorio.

MERCAR ENTRADAS ONLINE