CUARTETO ATTACCA

Amy Schroeder violín | Keiko Tokunaga violín | Nathan Schram viola | Andrew Yee violonchelo

Despois de comezar o ano co concerto do Brahms Project, continua a programación co quinto concerto da cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017, cun novo pero xa coñecido neste ciclo Cuarteto Attacca  no Teatro Principal de Ourense o mércores 1 de febreiro ás 20:30h.

O Attacca que xa tocara na segunda edición obras de Mozart, Adams e Grieg, esta vez veñen de tocar o martes na Socidade Filarmónica de Valencia para ofreceranos un programa con Beethoven, coa novísima gañadora do Premio Pulitzer, Caroline Shaw e Schubert e continuarán xira tocando o día seguinte na Socidade Filarmónica de Bilbao..

A pesar da súa xuventude o cuarteto estase a consolidar como unha das principais agrupacións musicais nos Estados Unidos, “Impresionante… unha demostración de madurez alén da idade dos seus integrantes” elóxiaos a revista Strad Magazine.

Formados na prestixiosa Juilliard School of Music, os seus integrantes son Amy Schroeder e Keiko Tokunaga, nos violíns, Nathan Schram quen substituíu hai un ano a Luke Flemming, na viola e Andrew Yee no violonchelo. Foron Cuarteto Residente no Programa de Doutoramento da propia Juilliard entre o 2011 e o 2013, e cuarteto residente no Metropolitan Museum of Art de Nova York na tempada 2014 – 2015.

Desde os seus inicios acadaron recoñecementos como gañadores da 7ª edición do Concurso de Osaka ou o Premio Internacional Listener´s Choice en Melbourne ambos os dous no 2011, tamén no seus inicios o 60º concurso Alice Coleman no 2006 ou o Weill Hall do Carnegie Hall no seu debut profesional no 2007. Tamén Premio Arthur Foote da Asociación Musical de Harvard, Premio Lotos Price in the Arts entre outros.

Teñen acometido proxectos moi ambiciosos como “The 68” no que ofreceron a serie coa integral de cuartetos de corda de Haydn ao longo de seis anos na Trinity Lutheran Churc de Manhattan en Nova York rematando no 2015. De Haydn teñen gravado recentemente “As últimas palabras de Cristo na Cruz” con arranxos de Andrew Yee, viola, que na revista Gramophone describía Donald Rosenberg indicando “O cuarteto Attacca explora a gama de estados de ánimo expresivos con máxima sensibilidade e interacción… Triunfan en todos os sentidos e conquistan tal vívido son que non se permiten que ningún detalle de Haydn pase desapercibido

Tras “The 68” iniciaron tamén na Trinity Lutheran Church “Based on Beethoven” nova serie co propósito de interpretar todos os cuartetos para corda compostos por Beethoven e con obras contemporáneas inspiradas en Beethoven. Tamén “Recently Added” outra serie explorando os traballos de compositores contemporáneos vivos que teñan contribuído considerablemente ao canon de composicións para cuartetos de corda que será ofrecida no National Sawdust en Brooklyn. Nesta primeira tempada 2016-2017, inclúen a Caroline Shaw, Michael Ippolito e John Adams, do que xa gravaran os seus traballos completos no “Fellow Traveler” con Azica Records.

O cuarteto Attacca ten feito xa numerosas xiras internacionais, nas que destacamos no 2014 onde foron solistas coa Orquestra Nacional de España tocando a obra “Jest” de John Adams baixo a súa dirección, ou a segunda xira por España no 2016 con concertos para as Sociedades Filharmónicas de Bilbao e Valencia.

Desde 2016 colaboran con concertos benéficos anuais en apoio á Fundación Contra a Enfermidade de Parkinson.

Web do Cuarteto Attacca

PROGRAMA

I Parte

Ludwig van Beethoven (1770–1827) | Cuarteto “As Harpas” Op. 74 n.º 10 en Mi bemol maior (33′)

Poco adagio — Allegro | Adagio ma non troppo | Presto – Piu Presto quassi prestissimo | Allegretto con variazioni

Caroline Shaw (1982) | “Entr’acte”(12′)

II Parte

Franz Schubert (1797–1828) | “A morte e a doncela” en Re menor n.º 14 (40′)

Allegro | Andante con moto | Scherzando. Allegro con moto. Trio | Presto