SIMPLY QUARTET

CUARTETO DE CORDA

Danfeng Shen violín  |  Antonia Rankersberger violín  |  Siang Lyu viola  |  Ivan Valentin Hollup Roald violonchelo

O último gañador do Concurso Internacional de Cuartetos de Corda de Bordeos é o Simply Quartet. Fundado en Shanghai en 2008 baixo a tutela do Profesor Jensen Horn-Sin Lam, foi orixinalmente un cuarteto completamente chinés, mais a viaxe musical do grupo levounos a Viena en 2012, onde a formación se transformou e se uniu o chelista noruegués Ivan Valentin Hollup Roald en 2016 e a violinista austríaca Antonia Rankersberger en 2018. Afincados agora en Viena estudan co Prof- Johannes Meissl (Artis Quartet) no Instituto Joseph Haydn para Música de Cámara na Universidade de Música e Artes Escénicas en Viena.

Seguir lendo