ORPHELION ENSEMBLE

Deborah Hamburger violín | Francisco Regozo viola | Berthold Hamburger violoncello | Todd Williamson contrabaixo | Nicolás Gómez trompa | Antonio Suárez clarinete | Álex Salgueiro fagot

O Orphelion Ensemble  (antes Artemis Ensemble) foi fundado en 1988 en Viena ao redor da actividade musical de Deborah Gonsalves e Berthold Hamburger. Desde entón, realizou numerosos concertos por Europa, Asia e América do Sur, formando diversos conxuntos con intérpretes invitados.

Seguir lendo

DANIEL RÖHN E MILANA CHERNYAVSKA

Daniel Röhn violín | Milana Chernyavska piano

O destacado dúo tocou nas principais salas de concertos e festivais ao redor do globo. Para o Enclave de Cámara de Ourense presentan un portentoso programa, cargado de paixón, musicalidade e enorme virtuosismo con obras de Leclair, Sinding e Mendelssohn entre outros.

Seguir lendo

JAVIER PERIANES

piano

Descrito coma “un pianista de impecable e refinado gusto, dotado dunha extraordinaria calidez sonora” (The Telegraph), a súa carreira internacional abrangue cinco continentes con concertos que o levaron a algunhas das salas máis prestixiosas do mundo e  a traballar con mestres como Barenboim, Dutoit, Dudamel, Mehta, Maazel, Frühbeck de Burgos, Harding, Temirkanov e V. Petrenko, e con orquestras como a Wiener Philharmoniker, Chicago, as sinfónicas de Boston, San Francisco e Atlanta, Cleveland Orchestra, Filarmónica de Nova York, London Philharmonic, Israel Philharmonic, London Symphony e Orchestre de Paris, entre outras.

Seguir lendo

RESONANS

Ane Matxaín Galdós violín | Virginia G. Leonhardt violín | Laure Gaudron viola | Gregor Lacour violoncello | Claudio Constantini piano e bandoneón

Resonans nace pola conxunción de cinco músicos que deciden unirse para profundar e difundir a interpretación de repertorio novo e descoñecido de cuarteto de cordas e bandeneón, e renderán homenaxe ao repertorio dos grandes mestres compositores de quinteto con piano.

Seguir lendo

CUARTETO GERHARD

Lluís Castán Cochs violín | Judit Bardolet Vilaró violín | Miquel Jordá Saún viola | Jesús Miralles Rover chelo

Gerhard Quartet nace en 2010 influenciado e guiado pola mestría do Cuarteto Casals e desde ben cedo é considerado un dos grupos con máis proxección do país. O nome da formación quere render homenaxe á figura de Robert Gerhard, alumno de Arnold Schoenberg e un dos compositores cataláns máis recoñecidos do século XX.

Seguir lendo

TRÍO ARRIAGA

Juan Luis Gallego violín | David Apellániz violonchelo | Daniel Ligorio piano

O Trío Arriaga é o lugar de encontro de tres músicos de recoñecido prestixio e alí onde converxen as súas traxectorias solísticas. Con concertos nos mellores festivais europeos e acompañados da gran maioría das orquestras españolas e por algunhas das mellores europeas, os seus proxectos discográficos en solitario, con máis de 25 álbums, algúns para selos tan destacados como NAXOS ou Sony, e os múltiples galardóns conseguidos en concursos nacionais e internacionais de interpretación aválannos como un trío de referencia da súa xeración.  Revistas como Gramophone ou BBC Magazine destacan o seu exquisito empaste e belísima sonoridade.

Seguir lendo

JOSEP COLOM E ONA CARDONA

Josep Colom piano | Ona Cardona clarinete

O prestixioso pianista Josep Colom, xunto á magnífica clarinetista Ona Cardona, comparten un programa de contrastes: Johannes Brahms culminou a súa traxectoria coas sonatas Op. 120, dúas obras mestras inspiradas polo clarinetista Richard Mühlfied que arrecenden a romanticismo sereno e que, á súa vez, contrastan co tormento das Fanstasías do seu estimado Robert Schumann, compositor e marido de Clara Schumann, creadora destacada da que sentiremos o lirismo da transcripción das Romanzas orixinais para violín.

Seguir lendo

DÚO RIVERA – FERNÁNDEZ

Blanca Fernández* violín | María Luz Rivera piano
a

O Dúo Rivera caracterízase polo seu labor de difusión da música de cámara española e polo súa especial atención ao repertorio contemporáneo, sen esquecer o repertorio clásico xeral. Desde o ano 2000, e de maneira complementaria ás súas traxectorias individuais, este dúo ourensán interpretou obras de autores europeos en diversos concertos por España, Europa, América e Asia.

Seguir lendo