DALIA QUARTET

Elena Rey violín | Oleguer Beltrán violín | Anna Puig viola | Erica Wise violonchelo

Integrada por catro músicos cunha carreira orquestral consolidada que os levou a  traballar con conxuntos como a Mahler Chamber Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Camerata Bern, Orquestra da Camera, Dortmunder Philharmoniker, ou a Orquestra da Comunidade Valenciana, a formación nace da necesidade dun espazo paralelo á orquestra para poder profundar no repertorio de cámara e explorar linguaxes estéticas que só un marco como o do cuarteto de cordas, íntimo e cun altísimo grao de complicidade, fai posibles.

Seguir lendo

CRISTINA PATO e NICHOLAS CORDS

Cristina Pato piano | Nicholas Cords viola

Cristina Pato e Nicholas Cords levan máis de doce anos traballando xuntos no Silk Road Project do violonchelista Yo-Yo Ma, onde Nicholas Cords traballa como programador dos concertos da formación e como viola, e onde Cristina Pato o fai como asesora de educación, pianista e gaiteira.

Seguir lendo

QUINTETO SOLISTAS DA ORQUESTRA SINFÓNCA DE GALICIA

Claudia Walker frauta | Casey Hill óboe | Juan Antonio Ferrer Cerveró clarinete | Steve Harris Wangler fagot David Bushnell trompa

Grupo formado no ano 2001 polos  frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa principais da Orquestra Sinfónica de Galicia. Aínda que integrantes todos desde hai anos da OSG, o quinteto está formado por catro músicos americanos e un músico español con experiencia e traxectoria internacional recoñecida. A combinación da mentalidade europea e americana tradúcese na principal intención de que flúa a música, de producir música con estrutura, personalidade, profundidade e  expresividade. Destaca tamén a diversidade musical do quinteto ao tocaren todo tipo de repertorio.

Seguir lendo

DÚO CASSADÓ

Damián Martínez Marco violonchelo | Marta Moll de Alba piano

Aclamado internacionalmente pola súa  exquisita musicalidade e sensibilidade, o Dúo Cassadó cativa tanto o público como a crítica grazas ao seu temperamento, orixinalidade e carisma.

Seguir lendo