REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

James Dahlgren concertino-director | Javier Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón trompetas | 22 músicos da Filharmonía

O xoves 6 de outubro ás 20:30h no Teatro Principal iníciase a IV edición do Enclave de Cámara  co concerto da Real Filharmonía de Galicia na procura de que a presencia dunha das orquesta máis prestixiosas do estado español, convoque e satisfaza tanto aos fies como a novos oíntes do Enclave de Cámara para esta nova tempada.

Seguir lendo

CUARTETO AKILONE

Emeline Concé violín | Elise De-Bendelac violín | Louise Desjardins viola | Lucie Mercat violonchelo

Continúa a cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017, mudando unicamente para este concerto o escenario. Esta vez o concerto terá lugar no Liceo de Ourense, o xoves 3 de novembro ás 20:30h onde as catro músicas que compoñen o Cuarteto Akilone nos deleitarán cun variado repertorio con tres cuartetos, dende Haydn ata Ravel, intercalando un cuarteto de Mendelssohn.

Seguir lendo

IRMÁS NAUGHTON

Dúo de pianos | Christina Naughton e Michelle Naughton

Continúa a cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara  2016 – 2017, de volta no seu escenario habitual do Teatro Principal de Ourense. Nesta ocasión o protagonista é o piano co recital a dous pianos das Irmás Naughton este xoves 1 de decembro ás 20:30h cun amplo repertorio que inclúe obras de Mendelssohn, Ravel, Schoenfield, Mozart, Granados (no centenario do seu falecemento) e un arranxo para dous pianos da Suite do Crebanoces de Tchaikovski.

Seguir lendo

THE BRAHMS PROJECT

Josep Colomé violín | Joaquín Riquelme viola | David Apellániz violonchelo | Enrique Bagaría piano

Tras rematar o ano con fantástico recital a dous pianos das irmás Naughton, comezamos o 2017 co cuarto concerto da cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017, un excepcional concerto no Teatro Principal de Ourense que recibirá The Brahms Project, cuarteto con piano, que deleitaranos o xoves 12 de xaneiro ás 20:30h cun programa que xa inaugurou a actual tempada de cámara do Auditori de Barcelona esgotando as máis de 600 entradas e triunfando nas críticas coas obras de Brahms. 

Seguir lendo

CUARTETO ATTACCA

Amy Schroeder violín | Keiko Tokunaga violín | Nathan Schram viola | Andrew Yee violonchelo

Despois de comezar o ano co concerto do Brahms Project, continua a programación co quinto concerto da cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017, cun novo pero xa coñecido neste ciclo Cuarteto Attacca  no Teatro Principal de Ourense o mércores 1 de febreiro ás 20:30h.

Seguir lendo

JUAN PÉREZ FLORISTÁN

Juan Pérez Floristán piano

Tras desfrutar na cidade o pasado mes de marzo da música barroca co Festival Pórtico do Paraíso, volta cun un dos concertos máis esperados da tempada o ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017 que nos agradara en febreiro co novo e xa recoñecido Cuarteto Attacca. Neste reencontro volta ao Enclave outra das grandes promesas da música clásica actual o pianista sevillano xa afincado en Berlín Juan Pérez Floristán de novo no Teatro Principal de Ourense mércores 5 de abril ás 20:30h, atención de novo un mércores e non xoves.

Seguir lendo

ZOAR

Quinteto de Vento – madeira | Joan Ibáñez frauta | David Villa  óboe | Antonio Suárez clarinete |  Benjamín Iglesias trompa | Álex Salgueiro fagot

Creado no ano 2009, Zoar é un conxunto de cámara estable e activo, con formación de quinteto de vento clásico integrado por músicos entón da Xoven Orquestra de Galicia. Naceu coa intención de levar a orixinalidade e o dinamismo á escena musical ofrecendo propostas coidadas, novidosas e orixinais. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación de patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a realizar máis de trinta estreas absolutas, sendo unha boa parte delas encargas propias. Proba diso son as estreas das obras de compositores tales como Gabriel Bussi, Xabier Mariño, Óscar Álvarez, Juan Durán, Paquito D´Rivera, Federico Mosquera, Fernando Buide, Óscar Navarro e Jose Luis Turina.

Seguir lendo

DÚO GARCÍA JERMANN – MORETTI

Ángel García Jermann violonchelo | Kennedy Moretti piano

Desde o seu primeiro encontro en 1998 Ángel García Jermann e Kennedy Moretti souberon entender a súa afinidade no pensamento musical e comezaron a súa colaboración como conxunto de cámara, un dúo estable que afonda na interpretación das obras para esta formación máis alá do instrumento melódico acompañado polo piano.

Seguir lendo