BRENTANO QUARTET

CUARTETO DE CORDA

Mark Steinberg violín | Serena Canin violín | Misha Amory viola | Nina Lee violonchelo

Desde 2014, é cuarteto residente na Yale School of Music, sucedendo ao Cuarteto de Corda de Toquio.

Galardoados con grandes premios de música, actúa extensamente, tanto en Estados Unidos, onde residen, como noutros escenarios de Europa, Canadá, Xapón e Australia. Traballan con prestixiosos artistas como Elliot Carter e György Kurtág, e interpretan traballos por encargo de Milton Babbitt, Chou Wen-Chung, Charles Wuorinen, Bruce Adolphe, Steven Mackey e Jonathan Dawe.

O seu  eclecticismo e desexo de ir máis aló das fronteiras dos clásicos repertorios de cuarteto de corda conduciunos a interpretar tanto renacentistas como primitivas pezas de música, madrigais de Monteverdi e Gesualdo, fantasías de Purcell e traballos seculares de Josquin des Prós. No campo contemporáneo, Brentano colabora regularmente con compositores coetáneos como Elliot Carter e György Kurtág, e interpreta traballos por encargo de Milton Babbitt, Chou Wen-Chung, Charles Wuorinen, Bruce Adolphe. Steven Mackey e Jonathan Dawe. Entre os acompañantes do Brentano estiveron Joyce di Donato, Vijay Iyer, Ignat Solzhenitsyn e Jonathan Biss.

Desde 2009 actuou polo estado en lugares como Salón de Columnas do Palacio Real de Madrid, tendo a honra de tocar cos instrumentos da Colección Palatina de Stradivarius. Tamén participou en ciclos como Ibermúsica no Auditorio Nacional de Madrid, Palau de la Música de València, Sociedade Filharmónica de Bilbao, Auditorio de Barcelona, Auditorio de Tenerife, Auditorio Víctor Villegas de Murcia, a Sociedade de Concertos Alacant ou con anterioridade no Enclave de Cámara de Ourense.

Web Brentano Quartet

PROGRAMA

Blossoming Variations / Variacións florecentes

I Parte

  • Wolfang Amadeus Mozart (1756-1791) | Cuarteto en La maior, K464 [37’]
    • Allegro | Menuetto | Andante | Allegro

II Parte

  • Ludwing van Beethoven (1782-1827) | Cuarteto en La maior, Op. 18 n.º 5 [28’]
    • Menuetto | Andante cantabile con variazioni | Allegro
  • Ludwing van Beethoven (1782-1827) | Cuarteto en Re sostido maior, Op. 127 [38’]
    • Maestoso- allegro | Adagio, ma non troppo e molto cantabile | Scherzando vivace | Allegro

Mércores 15 Xaneiro 2020 | 20:00 h | Teatro Principal de Ourense

Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro

MERCAR ENTRADAS ONLINE