AIRAS ENSEMBLE
Julia Estévez frauta | Roberto Baltar óboe | Beatriz López clarinete | Alfredo Varela trompa | Santiago López fagot | Alicia Permuy piano
Cunha brillante traxectoria, e integrado por músicos da Orquestra Sinfónica de Bilbao, NDR Radiophilharmonie de Hannover, Real Filharmonía de Galicia e Orquestra Vigo 430, desenvolven a súa actividade camerística desde 2011.
Actuaron nos principais ciclos de cámara de Galicia e festivais nacionais e internacionais, destacando o Ciclo da Sociedade Filharmónica de Vigo, os Martes Musicais de Caja Vital (Vitoria), VII Festival Internacional de Música de Cámara de Villaviciosa de Odón (Madrid) e as III Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela. Contaron coa colaboración de pianistas como Haruna Takebe e Enrique Bagaría, estando, nesta ocasión, acompañados por Alicia Permuy, quen estudou en L’Escola de Música de Barcelona e en Holanda. Realiza un intenso labor como pianista acompañante, salientando o traballo que desempeña en masterclasses de destacados músicos. Ademais, posúe unha ampla experiencia orquestral: colaborou coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Ciudad de Granada ou a Sinfónica de Bilbao. Actualmente, é profesora de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música da Coruña, ao mesmo tempo que perfecciona os seus estudos con Eugen Indjic.
O Airas Ensemble publicou o seu primeiro CD co selo Columna Música, que contén obras de F. Poulenc, A. Jolivet, D. Milhaud e a primeira gravación mundial do cuarteto para madeiras de J. Bal e Gay. O disco recibiu excelentes críticas como as de El arte de la fuga, Sonograma, Ritmo ou en Doce Notas:
[…] Airas Ensemble mostra neste traballo a súa versatilidade, trátase dunha gravación moi ben realizada, onde os músicos soan frescos, todo é moi nítido, case poderiamos dicir que escolástico. Cunha corrección moi coidada e unha afinación impecable, […]
– Guillem Escorihuela, Doce Notas, 2017
PROGRAMA
I Parte
- Ludwing van Beethoven (1782-1827) | Quinteto en Mi bemol maior, Op.16 para ventos e piano [25’]
- Grave. Allegro, ma non troppo | Andante cantabile | Rondo. Allegro, ma non troppo
II Parte
- Xabier Mariño (1983- ) | Obra de estrea encargo do Enclave de Cámara [7’]
- Gunther Schuller (1925-2015) | Suite para quinteto de vento [6’]
- Prelude. Allegro | Blues. Andante | Toccata. Presto
- Francis Poulenc (1899-1963) | Sexteto para quinteto de vento e piano [18’]
- Allegro Vivace | Divertissement | Finale: Prestissimo
Estrea absoluta da obra por encargo do Enclave de Cámara do compositor Xabier Mariño (Ponteareas, 1983)
Pianista e oboísta, estuda composición en Musikene no País Vasco iniciando un camiño multidisciplinar que fai que o seu catálogo conteña diferentes formacións instrumentais, a inclusión ou non de dispositivos electroacústicos en tempo real e incluso a instalación interactiva como Identidades creada especificamente nunha residencia artística no MARCO de Vigo. Recibiu bolsas de institucións como a Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores ou do Centro Dramático Galego.
Foi compositor residente da Xove Orquestra de Euskadi, do Festival Cameralia 07 e tivo encargos de institucións, festivais e ensembles como a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Quincena Musical de Donosti, Susaa Festival de Næstved, Smash Ensemble, Zoar Ensemble, TAC, Real Filharmonía de Galicia etc.
A súa música foi estreada e/ou interpretada por solistas e agrupacións de prestixio internacional como J. L. Estellés, Dag Jensen, Christian Wetzel, Marie-Bernadette Charrier, Sinfónica de Galicia, Krater Ensemble, Real Rilharmonía de Galicia, etc. , en auditorios de España, Francia, Bélxica, Holanda, Suecia e Dinamarca.
Mércores 1 Abril 2020 | 20:00 h | Teatro Principal de Ourense
Entradas online á venda ou dende dúas horas antes do concerto na billeteira do teatro
MERCAR ENTRADAS ONLINE