CRISTINA PATO RECIBE O PREMIO DA CULTURA GALEGA Á PROXECCIÓN EXTERIOR

A Cidade da Cultura foi o escenario escollido onte pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a entrega dos Premios da Cultura Galega 2017. Nunha gala marcada polas reivindicacións dun sector que exixe un maior compromiso da Xunta e das administracións públicas coa cultura, foron premiadas -entre outras- Xohana Torres (a título póstumo), Uxía Senlle, Oliver Laxe ou o Proxecto Apego.

E foi o galardón da Cultura Galega á Proxección Exterior o que recibiu a gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato, que chegou dende Nova York -onde reside dende hai anos- para recoller o premio. Pero tamén viaxou a Galicia para actuar, xunto co viola Nicholas Cords, no Enclave de Cámara de Ourense o 14 de decembro así coma no concerto de nadal da Universidade de Vigo, que este ano renderá homenaxe ao “Pergamiño Vindel”.

Noraboa, Cristina e benvida á Casa!

foto: La Voz de Galicia