CUARTETO ARDEO

CUARTETO DE CORDAS

Carole Petitdemange violín | Mi-sa Yan violín | Yuko Hara viola | Joëlle Martinez violonchelo

O Ardeo Quartet, formado en 2001 no Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París, é hoxe un dos grupos camerísticos franceses máis eloxiados e aplaudidos na escena internacional.

Seguir lendo

ADAM LALOUM

PIANISTA

Adam Laloum (1987, Toulouse) recibiu un recoñecemento internacional ao gañar o  1º premio no prestixioso concurso de piano Clara Haskil. En 2017, gañou unha “Victoire de la Musique” na categoría “Instrumentalista do ano”.

Seguir lendo

AIRAS ENSEMBLE

Laurent Blainteau frauta (substitúe a Julia Estévez) | Roberto Baltar óboe | Beatriz López clarinete | Alfredo Varela trompa | Santiago López fagot | Alicia Permuy piano

Cunha brillante traxectoria, e integrado por músicos da Orquestra Sinfónica de Bilbao, NDR Radiophilharmonie de Hannover, Real Filharmonía de Galicia e Orquestra Vigo 430, desenvolven a súa actividade camerística desde 2011.

Seguir lendo

TRÍO SITKOVETSKY

TRÍO DE CORDAS CON PIANO

O Trio Sitkovetsky estableceuse como un dos tríos de piano máis excepcionais de hoxe e ofrece actuacións nas salas máis destacadas do mundo. Alexander Sitkovetsky (violín) e Wu Qian (piano), uníronse a temporada pasada á violonchelista xermano-coreano Isang Enders para continuar a súa traxectoria de venturosos concertos.

Seguir lendo

HÉRCULES BRASS

Hércules Brass nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos profesionais de vento metal, cunha longa experiencia tocando xuntos principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).

Seguir lendo